Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas - Dúas novas bolsas EIBURS no eido do Programa de Coñecemento do Banco Europeo de Investimentos (EIB) - EIRBUS - 2013

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Facilitar subvencións, por parte de EIBURS, a centros universitarios de investigación adicados a especialidades e temas de interese fundamental para o BEI.

Obxectivo específico da convocatoria

Para o curso académico 2013/2014, o programa EIBURS seleccionou dúas novas liñas de investi¬gación que se financiarán con 100.000€ cada unha:
- Desenvolvemento de cidades intelixentes: aplicación da experiencia europea e internacional na rexión mediterránea.
- Desenvolvemento da capacidade administrativa en Europa.

Eidos de actuación

Economía e finanzas

Destinatarios

Departamentos de universidades, facultades, institutos e centros de investigación que estean sitos nun Estado membro da UE ou nun país candidato, e que teñan unha especialización recoñecida nas áreas seleccionadas polo BEI, co obxecto de permitirlles ampliar as súas actividades nestas áreas.

Orzamento total da convocatoria

200.000€

Duración do proxecto

3 anos.

Data de publicación

07/06/2013

Data límite de solicitude

13/09/2013

Documentación

Contacto

events.eibinstitute@eib.org

Comentarios

A proposta seleccionada deberá presentar unha serie de resultados (investigación, organización de cursos o seminarios, creación de redes, divulgación dos resultados, etc.) que se acordarán de forma contractual co Banco.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante