Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

IX-2013/02 - Subvencións para as fundacións políticas a escala europea 2013

Programa

PROGRAMA ANUAL DE SUBVENCIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO

Obxectivo xeral

O artigo 2 da Decisión da Mesa dispón que «o Parlamento Europeo publicará cada ano, antes do final do primeiro semestre, unha convocatoria de propostas con vistas á concesión da subvención para o financiamento dos partidos e as fundacións. Na publicación indicaranse os criterios para poder recibir a subvención, as modalidades de financiamento comunitario e as datas previstas para o procedemento de asignación.»

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas refírese ás solicitudes de subvencións para o exercicio 2013 e cobre o período de actividade comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2013. A subvención ten por obxecto apoiar o programa de traballo anual do beneficiario.

Destinatarios

Fundacións políticas a escala europea.

Financiamento

O importe máximo da axuda económica concedida polo Parlamento Europeo non excederá o 85 % dos custos subvencionables de funcionamento das fundacións políticas a escala europea.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 12,4 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración da subvención é dun ano.

Data de publicación

27/06/2012

Data límite de solicitude

30/09/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada coas subvencións envien un correo ao:
dgcomm-contracts-io-paris@europarl.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante