Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRAMA ANUAL DE SUBVENCIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO
O artigo 2 da Decisión da Mesa dispón que «o Parlamento Europeo publicará cada ano, antes do
final do primeiro semestre, unha convocatoria de propostas con vistas á concesión da subvención para o
financiamento dos partidos e as fundacións. Na publicación indicaranse os criterios para poder recibir a subvención, as modalidades de financiamento comunitario e as datas previstas para o procedemento de asignación.».
A presente convocatoria de propostas refírese ás solicitudes de subvencións para o exercicio 2013 e cobre o período de actividade comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2013.
Entidades públicas de todo tipo.
O importe máximo da axuda económica concedida polo Parlamento Europeo non excederá o 85 % dos custos subvencionables de funcionamento dos partidos políticos a escala europea.
O orzamento total da convocatoria é de 21,7 millóns de euros.
A duración da subvención será de 1 ano.
20/06/2012
30/09/2012
Para máis información relacionada coas subvencións envien un correo ao:
dgcomm-contracts-io-paris@europarl.europa.eu