Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria


COMM/2012/FPA - Convocatoria de Propostas para proxectos de televisión, radio, websites e organización de eventos relacionados co Parlamento Europeo

Programa

PROGRAMA ANUAL DE SUBVENCIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO

Obxectivo xeral

A Dirección Xeral de Comunicación do Parlamento Europeo, dentro do programa anual de subvencións para 2012-14 que establece as condicións para outorgar axudas a proxectos ou actividades relacionadas co Parlamento Europeo, publicou a convocatoria de propostas que en vista das eleccións europeas de 2014, que ofrece acordos marco para proxectos de tres anos de duración, que cubran o período entre 2012 e 2014. Concederanse en forma de subvencións anuais, prorrogables cada ano. Os interesados deberán, xa que logo, preparar un programa xeral de actividades e obxectivos para os tres anos (executables entre novembro de 2012 e xuño de 2014), xunto cun proxecto máis detallado de actividades para 2012, para o que se desexa solicitar a subvención anual.

Obxectivo específico da convocatoria


Na convocatoria definíronse catro campos temáticos, cuxos porcentaxes máximas de subvención respecto ao custo total do proxecto serán sempre do 80%: Televisión, radio, websites e organización de eventos.

Destinatarios

A presente convocatoria esta aberta a canles de televisión, canles de Radio, páxinas web e organización de eventos.

Financiamento

A cofinanciación é de 80% das actividades.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global previsto para os 27 países da UE é de 13 millóns de euros entre 2012 e 2014 (3 millóns en 2012, 7 millóns en 2013 e 3 millóns máis en 2014).

Data de publicación

17/05/2012

Data límite de solicitude

15/06/2012

Documentación

Contacto

Se desexa facer preguntas relacionas coa convocatoria envien un correo ao:

dgcomm-subvention@europarl.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante