Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP Eco-innovación 2013

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O Programa Eco-innovación, como parte do Programa Marco de Competitividade e Innovación, procura fomentar a competitividade das empresas europeas, especialmente as pemes. Neste sentido, tamén comprende accións que impliquen un maior uso e aproveitamento das TIC e promove unha crecente utilización das enerxías renovables e da eficiencia enerxética.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria de 2013 ten os seguintes obxectivos:
- Promover a adopción de enfoques novos e integrados en materia de eco-innovación a través duns procesos de produción, produtos e servizos respectuosos co medio ambiente.
- Fomentar a aparición de solucións medioambientais e o desenvolvemento do mercado, removendo as barreiras á súa penetración. Estas solucións comprenderán os produtos, procesos, tecnoloxías e servizos cun alto valor engadido.
- Incrementar a capacidade de innovación das pemes.
Ademais, CIP Eco-innovación 2013 designa cinco áreas prioritarias para obter financiamento: 1) reciclaxe de materiais, 2) materiais de construción sostibles, 3) sectores da alimentación e das bebidas, 4) auga, e 5) negocios máis ecolóxicos.

Eidos de actuación

As entidades que participen nesta convocatoria deberán estar localizadas nos países da Unión Europea, Espazo Económico Europeo, Balcáns Occidentais e outros países no caso de que o permita o procedemento.

Destinatarios

Empresas situadas dentro dos eidos de actuación, especialmente pemes. A convocatoria financiará proxectos relativos á primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos ou prácticas ecoinnovadoras que
foran xa tecnicamente demostradas, pero que,
debido a riscos aínda existentes, necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.

Socios

As entidades participantes poderán presentarse a esta convocatoria de maneira individual ou formando consorcios con outras entidades elixibles, se ben é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto.

Financiamento

A taxa máxima de cofinanciamento sitúase no 50% dos custos totais elixibles do proxecto. O número máximo de proxectos seleccionados serán 45.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global da convocatoria é de 31,6 millóns de euros.

Duración do proxecto

Duración máxima de 36 meses.

Data de publicación

15/05/2013

Data límite de solicitude

05/09/2013

Documentación

Contacto

Para recibir asesoramento sobre a proposta de proxecto:
EACI-ECO-INNOVATION-ENQUIRIES@ec.europa.eu

Comentarios

Só se poderá recibir asesoramento sobre o proxecto unha soa vez antes do peche da convocatoria. Para isto, os participantes haberán de enviar un breve resumo do proxecto (2 follas máx.) á dirección que se indica na dirección de contacto, nun prazo mínimo de 15 días de antelación respecto a data na que se pecha a convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante