Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Construción e implementación de plans estratéxicos para medidas para impulsar a demanda de innovacións industriais - 68-G-ENT-CIP-13-C-N02C011

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas invita aos solicitantes a desenvolver e implementar plans estratéxicos das medidas políticas desde o punto de vista da demanda co obxectivo de aumentar a penetración no mercado das innovacións en calquera mercado ou sector. As políticas de demanda son un conxunto de medidas públicas que poden contribuír á mellora das condicións para a adopción de innovacións ou que melloren a articulación da demanda co fin de estimular a innovación e permitir a súa difusión.
Os plans de traballo convertiranse nunha parte integral e moi visible do plan de acción para a innovación horizontal da demanda.

Obxectivo específico da convocatoria

Cada proposta debe conter un plan de traballo conciso que describa o enfoque para lograr os seguintes obxectivos nun período de 12 a 18 meses:
•Xerar unha comprensión básica da estrutura do mercado
•Crear unha folla de ruta das accións de política da demanda en Europa que impulsen a demanda de innovacións nun sector ou mercado.
•Asignar e comprometer con posibles organizacións e entidades (públicas, privadas, locais, rexionais, nacionais, comunitarias e internacionais) que podan prestar as accións previstas no plan de traballo no prazo previsto.
•Propoñer como se debe dirixir, implementar e organizar o traballo, e como o progreso da aplicación da folla de ruta deberase monitorear.
•Elaborar unha metodoloxía preliminar para monitorear o progreso, tanto en termos de avaliar o progreso de desenvolver a folla de ruta como da avaluación da execución das accións previstas no plan de traballo.
•Cooperar e proporcionar información ao proxecto Innovation Demand Monitoring System project.

Eidos de actuación

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Destinatarios

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), Países Candidatos, Terceiros Países.

Socios

Financiaranse entre 6 e 10 proxectos cunha cantidade máxima de 150.000€, que non cubrirá, en calquera caso, máis do 95% dos custos totais elixibles.

Financiamento

Financiaranse entre 6 e 10 proxectos cunha cantidade máxima de 150.000€, que non cubrirá, en calquera caso, máis do 95% dos custos totais elixibles.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 950.000 €.

Duración do proxecto

A data indicativa para o inicio dos proxectos é o 1 de decembro de 2013, sendo a súa duración máxima de 18 meses.

Data de publicación

15/04/2013

Data límite de solicitude

09/07/2013

Documentación

Contacto

O contacto entre a autoridade contratante e os candidatos potenciais sólo terá lugar en certas circunstancias e baixo determinadas condicións, que se especifican no texto da convocatoria para cada caso, segundo se produza antes ou despois da data límite de envío das solicitudes.

Comentarios

Comisión Europea – Direción Xeral de Empresa e Industria
Direción B: Crecemento Sostible e UE2020
Unidade B3 – Política de Innovación para o Crecemento
E-mail: ENTR-CIP-13-C-N02C011@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante