Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas con arreglo ao Programa de Traballo para 2013. do Programa de Apoio a Política en materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación - CIP-ICT-PSP-2013-7

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Estimular o crecemento sostible e inclusivo, mediante a xeneralización e mellora da utilización das tecnoloxías da información e contidos dixitais polos cidadáns, os gobernos e as empresas. Darase un particular énfases as áreas de interese público, dado o peso na economía europea e as solucións únicas que as TIC poden ofrecer para lograr retos sociais

Eidos de actuación

O subprograma ICT-PSP subvenciona grandes proxectos pilotos de dimensión europea e o establecemento de redes temáticas de cooperación a nivel europeo.


A convocatoria anual para 2013 subvenciona os seguintes tipos de accións:

Accións Piloto A: destinados a garantir a interoperabilidade e o acceso fronteirizo aos servizos TIC que xa existen e funcionan nos Estados membros, de forma que se evite a fragmentación do mercado de servizos e produtos innovadores. Se trata de grandes proxectos (de entre 10 e 20 millóns de euros) subvencionados ao 50% pola Comunidade Europea e levados a cabo por consorcios integrados por un mínimo de seis Estados membros.


Piloto B: apoian a posta en práctica por primeira vez de novas solucións baseadas nas TIC, tanto no sector privado coma no público. A innovación nestas accións é imprescindible, podendo consistir na utilización dun traballo completo de I+D, na extensión de prototipos xa ensaiados ou na integración de diferentes solucións parciais para a elaboración dun enfoque innovador. Se trata de proxectos de 2 a 3 anos de duración, cun custe aproximado de entre 4 e 6 millóns de euros (dos que a C.E financia como máximo a metade). Deben presentarse a esta convocatoria consorcios integrados por entidades dun mínimo de catro Estados membros.


Redes temáticas: conforman un foro onde todos os actores interesados poden intercambiar experiencias e desenvolver novas ferramentas para a posta en práctica de políticas de Sociedade da Información, como a preparación de futuras accións pilotos ou o desenvolvemento de estratexias conxuntas transfronteirizas. Esíxese a participación mínima de sete actores clave de sete Estados membros diferentes. As redes deben estar abertas. A contribución da Comisión oscila entre os 300.000 e os 500.000 euros por rede, a través de pagamentos anuais a tanto alzado segundo un baremo establecido.


PPI Piloto: debe consistir na primeira aplicación/comercialización de innovacións TIC que foran tecnicamente demostradas con éxito. O Consorcio debe estar formado por un grupo de contratistas de tamaño relevante no mercado para acercar as innovacións ao mercado. Esíxese a participación mínima de tres actores clave de tres Estados membros diferentes, cómpre que dous deles sexan Administracións públicas. Se trata de proxectos subvencionados ata un máximo do 20% dos custoss do prezo total para a contratación e dun máximo do 100% para os custos de coordinación.


As accións financiadas centraranse nas seguintes áreas temáticas:

1. A nube informática de servizos públicos e cidades intelixentes.
2. Contido Dixital, accesibilidade aos datos electrónicos e creatividade.
3. TICs para a saúde, o envellecemento activo e a inclusión.
4. Servizos informáticos seguros.
5. Obxectivo aberto para a innovación e outras accións.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas en nalgunha das zoas de actuación. As zonas xeográficas de actuación son as seguintes:
• Unión Europea (UE)
• Espazo Económico Europeo (EEE)
• Países Candidatos
• Terceiros Países

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é:
• Orzamento orientativo: 125,70 M€

Data de publicación

21/12/2012

Data límite de solicitude

14/05/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante