Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

56/G/ENT/PPA/12/6472 - Premio á Excelencia Europea en Turismo Accesible

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria de propostas é apoiar ás administracións dos países destinatarios nacionais encargadas do turismo ou outros entes públicos para a selección das mellores prácticas ou iniciativas de excelencia implementadas na industria do turismo e que melloraron o acceso a todos os visitantes, en especial para as persoas con discapacidade.

Concretamente, o Solicitante debe deseñar un programa de premios que se apliquen a nivel nacional para a selección a través dun concurso aberto das mellores prácticas, solucións prácticas ou iniciativas de excelencia que faciliten o acceso das persoas con necesidades especiais de acceso aos servizos turísticos.

Eidos de actuación

As convocatorias de premios a nivel nacional teñen que deseñarse ao redor das seguintes categorías:

- CATEGORÍA 1: Aloxamento e restauración. Esta categoría ten como obxectivo destacar as prácticas, solucións ou iniciativas que melloraron substancialmente o acceso e o uso dos servizos nestas instalacións (por exemplo, salas, restaurantes, zonas comúns, piscinas, ximnasios, áreas de saúde, etc,...) para turistas con necesidades especiais de acceso. Estas solucións poden referirse, por exemplo, para a mellora das infraestruturas e edificios, coa información proporcionada antes e durante a estancia, á presenza de servizos personalizados e/ou dedicados, e servizos de apoio, talles como solucións de información, reserva, soluciones web e móbil, a comercialización e a intermediación turística. Capacidades dedicadas e a formación do persoal, así como os aspectos de seguridade, tamén poden ser tidas en conta.

- CATEGORÍA 2: Patrimonio Nacional, Cultura, Entretemento e Lecer. Esta categoría ten como obxectivo destacar as prácticas, solucións e iniciativas que melloraron o goce dun destino turístico por persoas con necesidades especiais de acceso. A categoría ten que ter un obxectivo no sentido máis amplo, incluíndo por exemplo o acceso aos lugares de patrimonio, paisaxes naturais, lugares emblemáticos, as artes e a cultura, pero tamén os xogos, o deporte, a recreación, as compras, festas, gastronomía, etc. Abarca programas de interior ou ao aire libre, servizos e amenidades. Os servizos de apoio, talles como a información, servizos de reserva, a comercialización, as Tics e as tecnoloxías móbiles, tamén pode tomarse en consideration nesta categoría.

Destinatarios

As administracións nacionais dos países participantes no programa.

Financiamento

O financiamento da Comisión será de 75% dos gastos elexibles pero non máis de 30.000 euros

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria é de 300.000 euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades será de 10 meses.

Data de publicación

25/09/2012

Data límite de solicitude

13/11/2012

Documentación

Contacto

Para máis información envie un correo ao:

ENTR-CFP-1256-acces-tou-award@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante