Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Servizos de Apoio á Empresa e á Innovación

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Completar a rede xeográfica dunha rede única que preste servizos integrados de apoio ás empresas e á innovación.

Obxectivo específico da convocatoria

A rede ten os seguintes fins esenciais:

  • aumentar as sinerxias entre os membros da rede mediante a prestación de servizos integrados.
  • manter e mellorar constantemente o acceso, a proximidade, a calidade e a profesionalidade dos servizos integrados prestados pola rede.
  • aumentar a sensibilización, en particular entre as pemes, ante asuntos relacionados coas políticas comunitarias e os servizos ofrecidos pola rede, incluída a mellora da sensibilización sobre o ambiente e a ecoeficiencia das pemes e a política de cohesión e os Fondos Estructurais.
  • consultar ás empresas e obter a súa opinión sobre distintas opcións das políticas comunitarias.
  • garantizar que a rede ofrece servizos complementarios con respecto a outros prestadores de servizos pertinentes.
  • reducir a carga administrativa para tódalas partes.

Destinatarios

Organizacións independentes ou consorcios, que deberán ser persoas xurídicas establecidas na UE27, os países candidatos, os países membros do EEE, os países dos Balcáns occidentais e outros terceiros países de acordo co definido no artigo 4 do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade.

Financiamento

O cofinanciamento da Comisión acadará un máximo do 60% dos custos admisibles.

Orzamento total da convocatoria

6.800.000 euros de orzamento total ata 2010.

Duración do proxecto

6 anos.

Data límite de solicitude

29/11/2007

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante