Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

47/G/ENT/CIP/12/E/N02S005 – Sistema de responsabilidad social de las empresas a nivel europeo

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O obxectivo principal desta convocatoria é de outorgar unha maior visibilidade á práctica excelente no campo da RSE e compartir tal práctica na UE, fomentando así máis ás empresas a cooperar cos seus grupos de interese para acadar mellor a súa responsabilidade social.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico é de apoiar unha serie de sistemas nacionais de RSE, coordinados nun marco común europeo. Isto podería implicar o establecemento de novos sistemas en países onde tales esquemas non existen actualmente, e darlle unha nova dimensión europea aos sistemas nacionais existentes.

Destinatarios

- Asociacións de empregados, organizacións empresariais ou redes de empresas
- Organizacións non gobernamentais
- Autoridade pública
- Empresa individual pública ou privada

Socios

Os solicitantes poden actuar individualmente ou nun consorcio con organizacións asociadas.

Financiamento

A taxa máxima de co- financiamento dos custos elixibles é do 75%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo asignado para esta convocatoria é de 800.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima da acción é de 10 meses.

Data de publicación

25/05/2012

Data límite de solicitude

27/07/2012

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
Directorado F: Turismo, RSE, Bens de consumo e Acordos Reguladores Internacionais.
Equipo Financeiro
E-mail: entr-cfp-1247-CSR-AWARD-SCHEM@ec.europa.eu
Dirección postal: B100 4/28 - B-1049 Bruxelas, Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante