Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

43/G/ENT/CIP/12/B/N/02S022 - Apoio aos produtos temáticos turísticos transnacionais como medio de mellora da competitividade e a sustentabilidade do turismo europeo

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da presente convocatoria de propostas é mellorar a competitividade e a sustentabilidade do turismo europeo e contribuír á creación dunha contorna favorable para a cooperación transnacional entre os actores relacionados co turismo, cunha énfase particular nas Pemes, co fin de:
- Estimular a diversificación de produtos turísticos temáticos transnacionales cun alto potencial para o desenvolvemento sostible do sector turístico e polo tanto, para contribuír á competitividade do sector;
- Fomentar unha maior participación das micro e pequenas empresas e as autoridades locais no desenvolvemento e a promoción destes produtos;
- Fortalecemento da cooperación público-privada transnacional dirixida ao desenvolvemento e promoción dos produtos turísticos transnacionales competitivos.

Eidos de actuación

A presente convocatoria cofinanciará accións de apoio a produtos turísticos temáticos transnacionales que teñan un alto potencial para o desenvolvemento sostible do sector turístico, mediante a mellora da súa visibilidade e aceptación no mercado. As propostas teñen que demostrar e explicar como as accións propostas contribúen ao desenvolvemento do turismo sostible.
Polo tanto, as propostas deben incluír actividades que inclúan estas áreas:
- Fortalecemento de produtos turísticos temáticos transnacionales cun alto potencial para o desenvolvemento sostible do sector turístico, incluíndo o desenvolvemento de ofertas turísticas e paquetes concretos para facilitar a súa absorción polo mercado;
- Promover e mellorar a visibilidade de produtos turísticos temáticos transnacionales a través de actividades conxuntas transnacionales de comunicación e promoción e, entre outros, a subministración de información completa e práctica aos turistas potenciais e a outras partes interesadas do turismo.
- Facilitar a colaboración público-privada e a integración das empresas relacionadas co turismo, en particular as pequenas e micro empresas, na cadea de subministración de produtos turísticos temáticos transnacionales, así como no desenvolvemento rexional e as estratexias de promoción turística.

Destinatarios

A convocatoria esta destinada principalmente aos pemes da Unión Europea e ás autoridades públicas.

Financiamento

A cofinanciación será de 75% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 1,25 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do desenvolvemento das actividades será de 18 meses.

Data de publicación

24/05/2012

Data límite de solicitude

25/07/2012

Documentación

Contacto

Se desexa facer máis preguntas sobre a convocatoria envien un correo a:

ENTR-CFP-1243-THEMATIC-TOU@ec.europa.eu

Procuras de Socios

O ESPAZO DE TRABALLO VALLE DEL ALMANZORA

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante