Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

29/G/ENT/CIP/12/C/N05S00. Promoción de vehículos eléctricos

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Incrementar o nivel de concienciación social sobre o elevado rendemento dos vehículos eléctricos e os beneficios da súa utilización, ao mesmo tempo que aspectos específicos, que poidan crear un certo nivel de compra dirixida a vehículos baseados en sistemas de propulsión eléctrica.

Obxectivo específico da convocatoria

Dous obxectivos específicos:
Lote 1: Consiste e completar a construción dun coche eléctrico deseñado para competir.
Lote 2: A organización dun evento de demostración coa presenza dos construtores de coches para o Lote 1.

Eidos de actuación

O Lote 1 inclúe: un sistema de propulsión eléctrico, a incorporación de tecnoloxías avanzadas, a seguridade do vehículo, o rendemento ambiental (deseño ecolóxico, reciclaxe, emisión de gases de efecto invernadoiro…), o sistema de carga, a compatibilidade electromagnética,…
O Lote 2 inclúe: a organización dun evento público que implique a demostración da condución dun coche eléctrico construído polo Lote 1. A demostración terase que completar con actividades adicionais con fins informativos e educativos dirixido a responder ao interese do público en xeral ou profesional.

Destinatarios

Os solicitantes deben posuír personalidade xurídica propia.

Socios

Poden actuar individualmente ou nun consorcio.

Financiamento

A taxa máxima de co- financiamento prevista é do 50%.
O importe máximo de co- financiamento por proxecto é de 2 millóns de euros para o Lote 1 e de 300 mil euros para o Lote 2.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total previsto para esta convocatoria é de 2.300.000€

Data de publicación

16/02/2012

Data límite de solicitude

30/04/2012

Documentación

Contacto

O mail de contacto é o seguinte:
ENTR-CFT-12-N05S00-ELECVCL@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante