Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

34/G/ENT/PPA/12/6483. Distritos Creativos Europeos

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Os distritos creativos europeos teñen por obxectivo demostrar o poder transformador das industrias creativas para o rexuvenecemento das rexións industriais tradicionais.

Obxectivo específico da convocatoria

Un Distrito Creativo Europeo consistirá nun número de actividades combinadas có obxectivo de demostrar o papel innovador que poidan desempeñar os servizos e industrias creativas para unha rexión industrial tradicional e as súas industrias có fin de posicionarse no mercado.

Eidos de actuación

Fomentará actividades cun impacto forte e visible. Basearase nun enfoque integral, que reúna a un elevado número de actores innovadores rexionais có fin de crear un ecosistema favorable para a innovación dos servizos e as industrias creativas.

Destinatarios

Os potenciais destinatarios teñen que posuír a experiencia necesaria para levar a cabo as actividades propostas.

Socios

Como máximo entre 3 a 5 socios.

Recoméndase un mínimo de dous organizacións públicas ou privadas que representen comunidades locais/redes fortes na rexión, cada unha ten que ser operativa polo menos nunha das seguintes áreas políticas de carácter innovador: apoio empresarial, acceso ao financiamento de risco e da débeda de apoio para acceder a clústers transnacionais.

Financiamento

A contribución financeira cubrirá o 50% dos custos elixibles totais relacionados con actividades innovadoras e un 95% dos custos relacionados con actividades de xestión así como un 95% dos custos relacionados con actividades políticas de aprendizaxe.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible para esta acción é de 1 millón de euros.

Duración do proxecto

A duración total do proxecto non debe superar os 30 meses.

Data de publicación

23/02/2012

Data límite de solicitude

04/05/2012

Documentación

Contacto

O mail de contacto é o seguinte: ENTR-CFP-12-34-CREA-DISTRICTS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante