Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-IEE-2012. Enerxía Intelixente Europa II

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O obxectivo do segundo programa de Enerxía Intelixente Europa é de contribuír á seguridade, sustentabilidade e competitividade dos prezos da enerxía para Europa: promovendo:
-A eficiencia enerxética e o uso racional dos recursos enerxéticos.
-Promover fontes de enerxía novas e renovables e apoiar a diversificación enerxética.
-Promover a eficiencia enerxética e o uso de fontes novas e renovables nos medios de transporte.

Obxectivo específico da convocatoria

A acción céntrase nos seguintes campos:
1.Eficiencia enerxética e uso racional das fontes de enerxía (SAVE), que abrangue: A excelencia industrial en enerxía, o comportamento do consumidor e servizos enerxéticos.
2.Fontes de enerxía novas e renovables (ALTENER): Electricidade de fontes de enerxía renovables (RES-e) e Bio- enerxía.
3.Enerxía no transporte (STEER): Modos de transporte máis eficientes e vehículos limpos e eficientes.
4.Iniciativas integradas: Iniciativa de gasto público en eficiencia enerxética; liderado enerxético local; mobilizar as inversións locais en materia de enerxía; eficiencia enerxética e enerxías renovables nos edificios; e creación de capacidades.

Eidos de actuación

As prioridades para o 2012 son:
- Inversións por parte dos stakeholders europeos en enerxía sostible.
- Produción de enerxía renovable.
- Aforro enerxético.
- Reducións de emisións de efecto invernadoiro.

Destinatarios

Persoas xurídicas, públicas ou privadas establecidas en territorio da UE, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Croacia ou a República Iugoslava de Macedonia.

Socios

Requírese un mínimo de tres entidades legais independentes pertencentes a diferentes Estados.

Financiamento

Unha taxa de co- financiamento do 75%.

Orzamento total da convocatoria

67 millóns de euros.

Duración do proxecto

Duración máxima de 36 meses.

Data límite de solicitude

08/05/2012

Documentación

Contacto

Marisa Olano
IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía)
Phone: +34 (91) 456 50 25 / 22, Fax: +34 (91) 555 13 89

Angel Chamero
Ministry of Economy
Directorate-General for Energy Policy and Mining,
Phone: +34 (91) 349 74 26, Fax: +34(91) 349.75.55

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante