Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-ICT PSP-2012-6. Programa de apoio e políticas TIC.

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Estimular o crecemento intelixente, sostible e inclusivo acelerando unha maior aceptación e un mellor uso de tecnoloxías innovadoras dixitais por parte dos cidadáns, gobernos e empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria céntrase en cinco temáticas:
1.TICs para ciudades intelixentes.
2.Contido dixital, datos abertos e creatividade.
3.TICs para a saúde, envellecemento activo e servizos públicos.
4.Gobernanza innovadora e servizos públicos.
5.Servizos electrónicos de confianza e outras accións.

Son elixibles tres tipos de acción:
Pilotos tipo A: Proxectos de apoio ás solucións TIC a nivel Europeo.
Pilotos tipo B: Proxecto de simulación do uso innovador das TICs nos sectores públicos e privados.
Redes temáticas: intercambios entre practicantes e decisores políticos.

Eidos de actuación

O programa financia principalmente accións piloto implicando a organizacións públicas e privadas para validar en condicións reais servizos baseados en TICs innovadoras e interoperables.

Destinatarios

Relevantes administracións expertas e con competencia na materia. Así mesmo, tamén deberán incluírse tódolos stakeholders necesarios na cadea de valor.

Socios

Polo menos 6 relevantes administracións nacionais pertencentes a seis Estados membros diferentes.

Financiamento

O orzamento distribúese por temáticas como sigue:

- TICs para cidades intelixentes: 27 millóns de euros.
- Contido dixital, datos abertos e creatividade: 41 millón de euros.
- TICs para a saúde, envellecemento activo e servizos públicos: 24 millón de euros.
- Gobernanza innovadora e servizos públicos: 20 millón de euros.
- Servizos electrónicos de confianza e outras accións: 15 millón de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto para esta convocatoria é de127 millóns de Euros.

Data de publicación

03/02/2012

Data límite de solicitude

15/05/2012

Documentación

Contacto

Julían SESEÑA NAVARRO
APROTECH/AETIC
C/Principe de Vergara 74-42 pta.
E-28006 MADRID
Tel: +34 913574440
Gsm: +34 630047191
E-mail: jsesena@aetic.es

Ignacio CAÑO LUNA
Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación
Av. José Aguado 41
24006 LEÓN
Tel: +34 987987877
Gsm: +34 648042071
Fax: +34 987291016
E-mail: ignacio.luna@inteco.es

Comentarios

Celebrarase unha xornada informativa o 3 de febreiro do 2012 en Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante