Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para actividades do Programa de Competitividade e Innovación México - Unión Europea

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de propostas oriéntase ao incremento da competitividade das pemes mexicanas mediante a mellora dos seus procesos produtivos.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxecto específico desta Convocatoria é fortalecer as capacidades das pemes nos ámbitos de innovación, transferencia tecnolóxica e certificación. Por tanto preténdese:

  • Integrar accións de innovación e transferencia de tecnoloxía con negocio.
  • Establecer relacións sustentables entre empresas mexicanas e europeas mediante coinvestimentos, transferencia de tecnoloxía ou outros medios.
  • Desenvolver sistemas de xestión da calidade en pemes mexicanas mediante a obtención de certificacións aptas para o mercado europeo.

Eidos de actuación

Formación, capacitación, talleres, estudos, asistencia técnica, aplicacións informáticas e accesos bases de datos, axendas de negocios, equipamento consecuente coa acción e materiais para a construción de pequenas infraestruturas.

Destinatarios

Persoas xurídicas (con mínimo 4 anos de experiencia) sen ánimo de lucro que sexan un Estado membro da Unión Europea ou dun país DCI. Ademais deben pertencer a unha das seguintes categorías: asociación empresarial, centros de investigación ou ensino, centros de desenvolvemento empresarial, consellos estatais de ciencia e tecnoloxía e ONG.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas. As accións presentadas por solicitantes non mexicanos deben ir en asociación cun actor mexicano e o proxecto responderá a unha iniciativa deste último.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatora estarán comprendidas entre os 620.000 euros e 1.240.000 euros. A porcentaxe de financiamento non será inferior ao 50% nin superior ao 55% dos custos elegibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada a esta Convocatoria ascende a 6´2 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nin superior a 24 meses.

Data de publicación

01/09/2011

Data límite de solicitude

30/11/2011

Documentación

Contacto

PROMEXICO-PROCEI
Camino Santa Teresa, 1679
Colonia Jardines del Pedregal
CP: 01900
MÉXICO DF

Comentarios

As dúbidas sobre a presente convocatoria poderán enviarse á seguinte dirección de correo: convocatoria@procei.mx

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante