Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ENT/CIP/11/C/N02C011 - Apoio á contratación pública en materia de solucións innovadoras

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

  • Apoiar as entidades públicas na adquisición de solucións innovadoras, produtos e servizos en áreas que supoñen un gran reto social tal como se define na comunicación da Comisión Europea titulada ”Unión pola Innovación”.

  • Aumentar a demanda de innovación e fomentar a innovación dos servizos públicos en termos de calidade e eficiencia mediante a creación de redes transnacionais de apoio ás autoridades contratantes.

Eidos de actuación

Hai 2 liñas de actuación:

  1. Preparación e implementación da contratación pública de servizos innovadores.

  2. Crear e xestionar unha rede europea de contratación pública como ferramenta de apoio para a innovación.

Socios

  • Os compradores públicos, é dicir, os poderes adxudicadores no sentido das Directivas de contratación pública en todos os niveis (local, rexional, nacional e supranacional) que teñen previsto establecer plans de execución para a mellora da calidade e eficiencia da súa oferta de servizos públicos para a adquisición de solucións innovadoras.

  • As autoridades públicas que se encargan do deseño ou da xestión dos programas de investigación ou innovación para cofinanciar xunto cos compradores públicos en materia de servizos e solucións innovadoras.

  • Organismo público encargado da coordinación de accións transnacionais dos poderes adxudicadores que poden contribuír a unha contratación pública conxunta ou coordinada.

  • As entidades privadas e/ou organizacións da sociedade civil que non son posibles proveedores de produtos ou servizos na área de solucións buscadas polos organismos públicos a través da participación no proxecto, pero cuxa participación está ben xustificada, en particular, a través dunhas necesidades de adquisición de similares características.

Para constituír un consorcio os socios terán que representar os seguintes sectores: medio ambiente e enerxía (agricultura sustentable, xestión eficiente da auga, construción sustentable, reciclaxe), xestión de recursos, saúde e envellecemento (produtos biolóxicos). Para a liña 1 requírese un mínimo de 2 socios e para a liña 2 un mínimo de 4 socios.

Financiamento

Financiaranse:

- Para a liña 1 entre 6 e 10 proxectos (co-financiamento da UE de ata o 95% dos custos elixibles).

- Dentro da liña 2 un único proxecto (co-financiamento do 85% dos custos elixibles).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a 15 millóns de euros, que segundo o tipo de actividades se reparten da seguinte maneira:

- Actividades da liña 1: 14.400.000 euros (máximo de 2 millóns de euros por proxecto).

- Actividades da liña 2: 600.000 euros (máximo 600.000 de euros por proxecto).

Data de publicación

04/07/2011

Data límite de solicitude

27/09/2011

Documentación

Contacto

Katja Reppel
Xefe de Unidade
Comisión Europea. DX Industria
Unidad D.1: Policy Development for Industrial Innovation
E-mail: Katja.REPPEL@ec.europa.eu
E-mail xeral do programa CIP: entr-cip-11N02C00@ec.europa.eu
Dirección postal: BREY 06/037,
B-1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante