Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP EIP Eco-innovación 2011

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral


Eco-innovación forma parte do Programa para a Iniciativa Empresarial e Innovación, que á súa vez, forma parte do CIP (Programa para a Competitividade e Innovación). Eco-innovación ten como obxectivo pricipal colaborar á implementación do Plan de Acción para as Tecnoloxías Medioambientais (ETAP), que pretende aproveitar o potencial das tecnoloxías medioambientais coa finalidade de protexer o medio ambiente, e ao mesmo tempo contribuír á competitividade e crecemento económico segundo a Estratexia Europa 2020.

Obxectivo específico da convocatoria

CIP-Eco-innovación apoiará proxectos relacionados con produtos, técnicas, servizos ou procesos que teñan como finalidade previr ou reducir o impacto medioambiental ou que contribúan a unha optimización no uso das fontes.

Eidos de actuación

As áreas prioritarias na convocatoria de 2011 son:

  1. Materiais reciclables
    A finalidade é reducir o impacto dos residuos no medio ambiente e na saúde humana. Tamén se pretende a mellora da calidade dos materiais reciclables, con mellores métodos de tratamento e de destrución de residuos. Tamén entrarían nesta prioridade aqueles produtos innovadores no uso de materiais reciclados ou que usen materiais susceptibles de ser reciclados, que se adecúen aos estándares internacionais na materia, requerimentos de deseño avanzados así como que satisfagan as máis altas expectativas dos consumidores. En terceiro lugar, tamén serán obxecto desta prioridade os negocios innovadores que reforcen as industrias de reciclaxe, tales como estruturas novas de mercado para produtos reciclados que dispoñan de procesos de reciclaxe innovadoras.

  2. Produtos de construcción sustentable
    Produtos e procesos relacionados co sector da construción, que reduzan o consumo de fontes que incorporen o carbono, e produtos de residuos. Cobre o uso de materiais de construción amigos do medio ambiente, redución do uso de materias primas e procesos de manufacturación innovadores, que reduzan o impacto do sector da construción no medio ambiente.

  3. Sector de alimentación e bebidas
    Cubrirán produtos máis limpos e innovadores, incluíndo métodos, materiais, procesos e servizos de envasado dirixidos a unha maior eficiencia. A utilización total de materias primas incrementa a eficiencia e produtividade, reduce os residuos biodegradables, e apoia a transición a unha economía máis bio-baseada. Tamén cubrirían os produtos, servizos e procesos máis limpos e innovadores que teñan como finalidade a reducción dos residuos, prevención de residuos así como as emisións de gases de efecto invernadoiro, e/ou o aumento do reciclaxe. Tamén cubrirían procesos de produción novedosos que busquen unha gran eficiencia enerxética no eido da auga, e a mellora da calidade da mesma. Trataríase dunha xestión eco-eficiente mellorada da auga.

  4. Auga
    Cubrirían os procesos, produtos e tecnoloxías eficientes no aforro de auga. Ademais cubrirían o tratamento de augas e de augas residuais. Aquí entrarían aquelas solucións que ofrezan unha gran eficiencia así como unha gran redución do impacto do impacto ambiental. Por último, nesta prioridade tamén entrarían aqueles sistemas intelixentes de distribución que promovan o aforro de auga, produtos químicos, enerxía e materiais.

  5. Negocios ecolóxicos
    Aquí entraría o deseño, implementación e actualización no mercado de produtos e servizos innovadores, que reduzan o impacto ambiental e procuren un menor uso das fontes. Incluiríase así mesmo o uso daqueles materiais que supoñan unha redución do impacto ambiental, así como a substitución de materiais escasos e o aumento da utilización de materias primas secundarias. Outro tipo de proxectos son aqueles que incorporen procesos de produción ecolóxicos, que apoien procesos medioambientais innovadores, cun gran factor de réplica. O último tipo de proxectos serían aqueles que supoñan unha innovación gradual, introducindo mecanismos de remanufacturación e servizos de reparación innovadores con beneficios medioambientais innovadores.

Destinatarios

Entidades legalmente constituídas nalgún dos Estados Membros da UE, así como aqueles establecidos nalgún dos países membros da EFTA, dos países dos Balcáns Orientais, ou terceiros países (sempre que medie acordo). Non poderán ser destinatarios as persoas físicas.

Financiamento

Máximo do 50% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

36.000.000 €.

Duración do proxecto

36 meses.

Data de publicación

27/04/2011

Data límite de solicitude

08/09/2011

Documentación

Contacto

O punto nacional de contacto, atópase nesta ligazón.

Comentarios

As solicitudes deben enviarse por e-mail

Info Days (vid enlace)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante