Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-ICT PSP-2011-5. Programa de Apoio á Política das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC´s)

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O Programa de Apoio á Política en materia de Tecnoloxías da Información e Comunicación apoia a realización das políticas europeas, fundamentalmente a Axenda Dixital para Europa, e encóntrase por tanto aliñada coas súas prioridades.
Ten como obxectivo estimular o crecemento sustentable e inclusivo, mediante a xeneralización e a mellora da utilización das tecnoloxías da información e contidos dixitais polos cidadáns, os gobernos e as empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

Darase un particular énfase ás áreas de interese publico, dado o peso na economía europea e as solucións únicas que as TIC poden ofrecer para lograr retos sociais relacionados con temas como a saúde, o envellecemento, a inclusión, a eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable, a conservación do patrimonio cultural así como a eficiencia das administracións.

Eidos de actuación

Establecéronse cinco área temáticas:
1.Tema 1: TICs e redución de emisións
2.Tema 2: Contidos dixitais
3.Tema 3: TICs para a saúde, o envellecemento activo e a inclusión
4.Tema 4: TICs para servizos públicos e gobernos innovadores
5.Tema 5: Innovación aberta para servizos desplegables na Internet

Destinatarios

Entidades e organizacións que teñan a súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea (UE), Espacio Económico Europeo (EEE), Países Candidatos ou Terceiros Países.

Financiamento

Identifícanse catro tipos de instrumentos de financiamento:
•Piloto (Tipo A): iniciativas en Estados membros e países asociados
•Piloto (Tipo B): estimulación da creación de produtos e servizos innovadores baseados nas TICs
•Redes Temáticas (TN): creación de foros para as partes interesadas para fomentar o diálogo e intercambio de experiencias
•Redes de Mellores Prácticas (BPN): exclusivamente no tema sobre “contidos dixitais”, co obxectivo de facilitar o intercambio de mellores prácticas

Orzamento total da convocatoria

115,50 millóns de euros

Data de publicación

01/03/2011

Data límite de solicitude

01/06/2011

Documentación

Contacto

Dr. Julián Seseña
E-mail: jsesena@ametic.es

Comentarios

-INFO DAYS: (vid enlace)
Data: 28-02-2011
Lugar: Bruselas

-INFO DAYS ESPAÑA:
Data: 24-03-2011
Lugar: Madrid (vid contacto)

-DÍA DAS PROPOSTAS TIC´s (vid enlace)
Lugar: Budapest
Data: 19-20 de maio de 2011

Cumbre Europea sobre o futuro de Internet (vid enlace)
Data: 6-7 de xuño 2011
Lugar: Luxemburgo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante