Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-EIP 2010 ECO-INNOVACIÓN

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

O CIP Eco-innovación presenta axudas para financiar proxectos que busquen poñer por primeira vez no mercado ou desenvolver técnicas eco-innovadoras, produtos, servizos ou prácticas xa testadas con éxito pero que non alcanzaron unha boa cota de mercado. Os proxectos presentados deberían contribuír a reducir os obstáculos para o desenvolvemento da eco-innovación, crear ou aumentar os mercados e mellorar a competitividade das empresas da UE no mercado mundial. Os proxectos deberían tamén ter como obxectivo reducir os impactos medioambientais, aumentando a eficiencia no emprego de recursos ou mellorar a actuación das empresas, especialmente das PEMES.

Obxectivo específico da convocatoria

• Promover a adopción de aproximacións novas e integradas á eco-innovación en campos como a xestión ambiental e produtos, servizos e procesos máis respectuosos co medio ambiente.
• Apoiar a rápida incorporación de solucións medioambientais mediante a ampliación de mercados rompendo as barreiras para entrar neles.
• Incrementar as capacidades innovadoras das PEMES.

Eidos de actuación

O programa CIP-ECO-INNOVACION abarca catro ámbitos principais:

• Reciclado de materiais:

- mellora dos métodos e procesos de separación e tratamento de materiais, tratamento de residuos procedentes da construción e demolición, residuos comerciais e industriais, residuos potencialmente reciclables procedentes de equipos eléctricos e electrónicos e coches desguazados.
- Produtos innovadores usando materiais reciclados ou facilitando material reciclado en acordanza cos estándares internacionais de produtos, cos requisitos de deseño avanzados e coas necesidades de alta calidade dos consumidores.
- Innovacións de procesos industriais para reforzar a competitividade das industrias de reciclaxe.

• Produtos de construción sustentables: procesos que reduzan o consumo de recursos e reduzan o impacto medioambiental da construción.

• Sector alimentario:

- Produtos innovadores máis limpos, incluíndo os materiais de embalaxe, e procesos e servizos que busquen unha maior eficiencia.
- Produtos innovadores, procesos e servizos encamiñados á redución de residuos e de emisións de gas invernadoiro.
- Melloras da eficiencia no consumo e administración de auga empregada.
- Produtos, servizos e procesos que teñan como obxectivo reducir o impacto medioambiental do consumo de comida e bebidas.

• Negocios ecolóxicos:

- Proxectos que sigan a Política de Produtos Integrados, relacionados coa Directiva Ecodeseño.
- Servizos que permitan igualar subministro e demanda de solucións eco-innovadoras e axuden a introducir a eco-innovación no mercado.
- Substitución de materiais con impacto ambiental reducido e maior eficiencia.
- Innovación gradual mediante a introdución de mecanismos de produción e servizos de reparación innovadora con beneficio medioambiental substancial e que sexan reproducibles.

Destinatarios

Aínda que se priorizan as PEMES e os beneficiarios privados, a convocatoria está aberta a toda perdoa legal establecida no territorio dalgún dos 27 Estados membros, Noruega, Liechtenstein, Islandia, Albania, Croacia, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Israel, Montenegro, Serbia e Turquía. Outros países que conten con acordos concretos vixentes.

Socios

Non se precisan socios

Financiamento

O CIP Eco-Innovation financia ata un 50% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

35 millóns de euros

Duración do proxecto

Máxima duración de 3 anos (36 meses).

Data límite de solicitude

09/09/2010

Documentación

Contacto

European Commission- Directorate General. Enterprise and Industry
Avenue d´Auderghem 45
B-1049 Bruxelles
Belgique
Tel: +32 2 299 1111
Fax:+32 2 296 9930

Axencia Europea para a Competitividade e a Innovación
Eco-innovation unit, Enterprise Europe Network units, Marco Polo unit:
Square Frère Orban 10
1040 Bruxelles
Belgique
Fax: +32 2 292 18 92

Comentarios

A solicitude realizarase online.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 9 de setembro de 2010 ás 17.00 horas, hora local en Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante