Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-ICT PSP-2009-3bis Programa específico de apoio ás políticas en materia de tecnoloxías da información e da comunicación

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Estimular a innovación e a competitividade a través dun uso xeneralizado e mellor das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) por parte de cidadáns, empresas e administracións públicas.

Obxectivo específico da convocatoria

O Tema 3 do Programa de Traballo revisado para 2009 ten por obxectivo estimular un uso máis amplo e adecuado das TIC nas administracións públicas, e máis concretamente:
• Mellorar a eficiencia e efectividade das administracións e facilitar as interaccións dos cidadáns e as empresas.
• Abrir un novo mercado de oportunidades para as solucións innovadoras baseadas en TIC para os gobernos e as administracións.
• Reforzar e ampliar a participación dos cidadáns no proceso de toma de decisións e contribuír á mellora da lexislación a través dun mellor uso de solucións innovadoras baseadas en TIC.
Obxectivos específicos do Obxectivo 3.5:
e-Participación:
• Permitir un proceso de toma de decisións e desenvolvemento de políticas transparente, mediante o apoio á elaboración de borradores lexislativos para políticos e lexisladores. As solucións adoptadas deben contribuír a mellorar a claridade e comprensión dos textos legais e o seu contido para os non expertos e nunha contorna multilingüístico, facilitando así a participación dos cidadáns no proceso.
• Reforzar a participación directa dos cidadáns e a sociedade civil no proceso de toma de decisións e mellorar o acceso a contidos relevantes e ás opcións dispoñibles, permitindo así a interacción cos lexisladores en tempo real e con contribucións concretas.
• Implicar aos cidadáns no proceso de toma de decisións mediante o reforzo das capacidades de network social, utilizando modelos de intermediación, creando imputs colaborativos (como por exemplo a recollida de datos, intercambio colectivo de coñecemento, tecnoloxías Web 2.0), permitindo así a provisión de servizos relacionados co proceso de toma de decisións por parte dos cidadáns.

Eidos de actuación

Financiaranse varios proxectos dentro do obxectivo 3.5 dedicado á Participación electrónica (e-participation). Tratarase de accións piloto B destinados a apoiar a posta en práctica por primeira vez de novas solucións baseadas nas TIC, tanto no sector privado como no público. A innovación nestas accións é imprescindible, podendo consistir na utilización dun traballo completo de I+D, na extensión de prototipos xa ensaiados ou na integración de diferentes solucións parciais para a elaboración dun enfoque innovador.

Destinatarios

Entidades públicas que deben dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:

* Unión Europea (UE)
* Espazo Económico Europeo (EEE)
* Países Candidatos
* Terceiros Países

Socios

Como mínimo catro socios de países participantes no programa.

Financiamento

As axudas por convocatoria non poderán ser superiores ao 50% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento orientativo: 7 millóns de euros

Duración do proxecto

Entre 24 e 36 meses.

Data límite de solicitude

23/09/2009

Documentación

Contacto

European Commission - Directorate-General Information Society and Media
B-1049 Brussels
Belgium
Phone: +32 2 296 8596
Fax: +32 2 296 8388
email: infso-ict-psp@ec.europa.eu
tel: +32 2 296 8596
fax: +32 2 296 8388

PUNTO NACIONAL DO CONTACTO EN ESPAÑA:

M. Dr. Julián Seseña Navarro
APROTECH/AETIC
C/Principe de Vergara 74-42 pta.
E-28006 MADRID
Tel: +34 913574440
Gsm: +34 630047191
E-mail: jsesena@aetic.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante