Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Europa INNOVA. Plataformas de innovación europeas para cluster de cooperación transnacional, servizos intensivos de coñecementos, ecoinnovación e a promoción de novas ferramentas e conceptos do servizo para a axuda á innovación

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

A través desta iniciativa preténdese informar, asistir e mobilizar a todos os actores claves que participan no campo da iniciativa empresarial e innovación tales como directivos de empresas, clusters e outras asociacións, investidores, etc. A través de distintos instrumentos (redes, plataformas, etc.) preténdese identificar e analizar tanto os elementos impulsores como as barreiras que existen facía a innovación e desenvolver, así, as medidas e políticas máis axeitadas sempre cun enfoque sectorial.

Eidos de actuación

Accións financiadas:

  • Acción 1: Plataforma de Innovación Europea para Clusters (Cluster - IP)
    • Apartado 1: Socios para a Plataforma europea de innovación para clústers
    • Apartado 2: Segunda fase do Clúster europeo de observación pertenecente á Plataforma europea de innovación para clústers
  • Acción 2: Plataforma de Innovación Europea para servizos de coñecemento intensivo (KIS - IP)
  • Acción 3: Plataforma de Innovación Europea para a Eco-Innovación (ECO - IP)
    • Apartado 1: Socios para a Plataforma europea de eco-innovación
    • Apartado 2: Creación dun observatorio de eco-innovación pertenecente á Plataforma europea de eco-innovación
    • Apartado 3: Ampliar a comunidade da eco-innovación baixo a Plataforma europea de eco-innovación.

  • Acción 4: Promoción de novas ferramentas e conceptos de servizo para o apoio á innovación

Destinatarios

Empresas, especialmente pymes

Financiamento

  • Acción 1:
    • Apartado 1: 2,500,000€ por proxecto
    • Apartado 2: 3, 000,000€ por proxecto
  • Acción 2: 2, 000,000€ por proxecto cun máximo de dous proxectos.
  • Acción 3:
    • Apartado 1: 2,834,000€ por proxecto
    • Apartado 2: 2,000,000€ por proxecto
    • Apartado 3: 500,000€ por proxecto

  • Acción 4: 1, 000,000€ por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

26,500,000€

Duración do proxecto

36 meses

Data límite de solicitude

12/02/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante