Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

PRO INNO EUROPE Incentivo da cooperación transnacional na axuda para a innovación

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

PRO INNO Europe desenvolve actividades coas que se pretende impulsar a innovación en Europa desde un enfoque político e non sectorial. Así, as distintas iniciativas que engloba PROL INNO Europe pretenden mobilizar a máis de 200 actores políticos de máis de 33 países a través da creación de redes, clusters, etc. co obxectivo de impulsar e mellorar as actividades de cooperación política en materia de innovación.

Eidos de actuación

Accións financiadas:

  • Análise de políticas (INNO-Metrics, INNO-Policy TrendChart, INNO-Appraisal e INNO-Grips): A través do estudo de estatísticas, tendencias, a avaliación de programas, iniciativas, estudos, etc. preténdese desenvolver unha mellor política para promover e desenvolver a innovación en Europa.
  • Aprendizaxe (INNO-Views, INNO-Learning Platform): Iniciativas coas que se pretende facilitar o diálogo, a cooperación, o intercambio de boas prácticas, etc., entre as autoridades públicas, empresas e o sector académico, e logo coordinar e aplicar os resultados a actividades concretas.
  • Desenvolvemento de políticas (INNO-Nets, INNO-Actions): Trátase de estimular a cooperación transnacional mediante incentivos concretos para as entidades que desenvolvan accións de innovación de maneira conxunta.

Destinatarios

Entidades legais, organizacións e grupos de organizacións (designado aos consorcios) de Estados membros da UE, ou desde outros países participantes en accións de innovación do EIP (Noruega, Islandia, Liechtenstein, Croacia, a República iugoslava de Macedonia, Montenegro, Albania e Israel). A participación de Turquía e Serbia está actualmente en curso.

Financiamento

A Comisión contribuirá cun financiamento de entre o 50% e o 95% dos custos totais subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

15,500,000€

Duración do proxecto

36 meses

Data límite de solicitude

12/02/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante