Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP Eco-Innovation 2008

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Programa transversal que apoia proxectos de eco-innovación en diferentes sectores co obxecto de previr e reducir impactos medioambientais ou contribuir a un uso óptimo dos recursos.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Promocionar enfoques novos e integrados para a eco-innovación en ámbitos tales como a xestión ambiental e deseño de produtos, procesos e servizos respetuosos co medio ambiente.
  • Eliminar os obstáculos á aplicación ampla da eco-innovación.
  • Crear e aumentar os mercados para produtos e servizos de eco-innovación.
  • Incrementar a capacidade innovadora das pemes.

Eidos de actuación

  • Procesos productivos máis limpos en todos os sectores industriais, con preferencia para aqueles sectores que teñan un impacto medioambiental importante, tales como a construcción, químicos, industria da comida e da bebida, manufacturas, reciclado ou procesos de metal.
  • Produtos e servizos innovadores respetuosos co medio ambiente, incluíndo enfoques innovadores para o deseño de produtos e a información ou etiquetado do rendemento ambiental de produtos.
  • Apoio a empresas (especialmente pemes) para integrar criterios ambientais nos seus negocios, produtos e métodos de xestión especialmente enfoques de sistemas de xestión ambiental.

Destinatarios

Entidades con personalidade xurídica, públicas ou privadas, establecidas no territorio dos Estados Membros. A convocatoria está aberta á participación de membros da área Económica Europea, países candidatos que se beneficien dunha estratexia de acceso previo e países Balcánicos Occidentais. Outros países terceiros poden tamén participar se os acordos bilaterais permíteno.

Financiamento

Subvencionáranse 3 proxectos o ano, cunha media de contribución de 700.000 € por proxecto.
A contribución financeira ascenderá a:

  • 40% se o beneficiario é unha gran empresa
  • 50% se o beneficiario é unha mediana empresa
  • 60% se o beneficiario é unha pequena empresa
  • 50% para o resto dos participantes

Orzamento total da convocatoria

28 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos é de 36 meses

Data límite de solicitude

11/09/2008

Documentación

Contacto

gencia Europea para a competitividade e a innovación
Eco-innovation unit, Enterprise Europe Network units, Marco Polo unit:
Square Orban 10
Square Frère Orban 10
1040 Bruxelles

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante