Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Erasmus para novos empresarios

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Facilitar o intercambio de experiencias e a creación de redes para os novos empresarios da UE, a través de estadías en países distintos dos seus de orixe co obxectivo de aprender das experiencias de empresarios consolidados.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Mellorar o espírito empresarial.
  • Fomentar a internacionalización e competitividade das microempresas e das pequenas e medianas empresas de recente creación.
  • Axudar aos posibles novos empresarios na UE.

Eidos de actuación

A convocatoria cubre dous tipos de actividade diferentes:

  • Lote 1: subvención de consorcios europeos que agrupen como mínimo a dúas organizacións pertencentes a dous Estados membros diferentes co fin de promover a mobilidade dos novos empresarios. Trátase de enviar a empresarios que empezan a súa carreira a realizar unha estadía de formación nunha empresa de outro país da UE cunha duración de entre un e seis meses, que pode espaciarse ao longo dun ano.
  • Lote 2: creación dunha estrutura de coordinación e apoio á mobilidade dos novos empresarios.

Destinatarios

Entidades ou organismos activos no ámbito do fomento do espírito empresarial ou dos servizos de colocación transnacional, como cámaras de comercio e industria, asociacións de empresas ou centros de educación e formación. Estes organismos deben buscar polo menos a un organismo similar noutro Estado membro para formar un consorcio co que presentarse á convocatoria. Non se permite que as organizacións participen en máis dun consorcio.

Financiamento

A Comisión financiará como máximo o 90% dos custos admisibles totais dos proxectos. Cada proxecto de mobilidade (lote 1) recibirá unha subvención máxima de 140.000 €, dos que 100.000 irán destinados a pagar os custes de mobilidade dos empresarios desprazados, a razón de 1.100 € por mes de media.

A Comisión financiará a creación dunha estrutura de apoio a esta mobilidade dentro do lote 2 cun importe máximo de 200.000 €.

Orzamento total da convocatoria

2 850 000 €

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 18 meses (hasta junio de 2010) para os proxectos de motilidade dentro do lote 1, e de 22 meses (ata outubro de 2010) para a estructura de apoio. As actividades dos proxectos deberán comezar antes do 31 de decembro de 2008.

Data límite de solicitude

20/08/2008

Documentación

Contacto

European Comisión, DG Enterprise and Industry
Entrepreneurship (Unit E.1), B-1049 Brussels
e-mail : entr-entrepreneurship@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante