Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-ICT PSP-2008-2 Programa específico de apoio ás políticas en materia de tecnoloxías da información e da comunicación

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Estimular a innovación e a competitividade a través dun uso xeneralizado e mellor das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) por parte de cidadáns, empresas e administracións públicas.

Obxectivo específico da convocatoria

Tema 1. Un uso das TIC máis orientado cara o usuario en administracións, servicios públicos e inclusión

  • Obxectivo 1.1 Preparar a implementación da Directiva de Servicios.
  • Obxectivo 1.2 Reducir as barreiras administrativas na UE.
  • Obxectivo 1.3 Servizos de urxencia accesibles para todos.
  • Obxectivo 1.4 Uso das TIC para a mellora do envellecemento das persoas con problemas cognitivos, combinando tecnoloxías asistenciais con tecnoloxías que axuden a vivir de xeito autónomo.
  • Obxectivo 1.5 Reforzar as capacidades para a inclusión dixital.
  • Obxectivo 1.6 Mellorar a certificación dos produtos de saúde en línea.


Tema 2. TIC para a eficiencia enerxética e a sustenibilidade en áreas urbanas.
  • Obxectivo 2.1 TIC para a eficiencia enerxética nos edificios e espacios públicos, incluíndo a iluminación.
  • Obxectivo 2.2 TIC para infraestructuras e servizos adaptables de xestión de transporte urbano.
  • Obxectivo 2.3 Construir consensos e compartir experiencias no ámbito das TIC, como instrumentos para a eficiencia enerxética e a sustentabilidade en áreas urbanas.


Tema 3.: Construción de consensos e comparto de experiencias sobre a evolución de internet e seguridade
  • Obxectivo 3.1 Un esforzo europeo común en Identificación por Radiofrecuencia (RFID)
  • Obxectivo 3.2 Impulsar o desenvolvemento de IPv6 (tipo de protocolo de internet en Europa).
  • Obxectivo 3.3 Infraestructuras de información fiables e tecnoloxías biométricas.

Eidos de actuación

Existen tres tipos de instrumentos de financiación:

  • Accións piloto tipo A: destinadas a garantir a interoperabilidade e o acceso transfronteirizo aos servizos TIC que xa existen ou funcionan nos Estados membros, de maneira que se evite a fragmentación do mercado de servizos e produtos innovadores. Non se financiará a implantación a nivel nacional dun servizo, senón só o acceso transfronteirizo. Os seus resultados deben consistir en solucións comúns de interoperabilidade que se difundan amplamente na UE. A convocatoria prevé cofinanciar unha única acción piloto A para o obxectivo 1.1.
  • Accións piloto tipo B, que tratan da posta en práctica de servizos innovadores baseados no uso das TIC, dirixidos a cubrir necesidades dos ciudadáns, gobernos e empresas. Este tipo de actuación contémplase para os obxectivos 1.2, 1.3, 1.4. 2.1. 2.2.
  • Redes temáticas, que tratan de formar un foro de actores interesados na materia para fomentar intercambios de experiencias e explorar novas formas de levar á práctica solucións baseadas nas TIC. Este tipo de actuación contémplase para os obxectivos 1.5, 1.6, 2.3. 3.1, 3.2, 3.3.

Destinatarios

  • Accións Piloto A: administracións nacionais ou centros competentes que actúen na súa representación (axencias, prestadores de servizos...). Esíxese a formación dun consorcio integrado por un mínimo de seis Estados membros. Adicionalmente, recoméndase que participen no consorcio pequenas e medianas empresas do sector, asociacións de usuarios e outras entidades concernidas distintas á administración nacional na medida e do xeito que ésta o decida (mediante convocatorias, organización de actos... ). Baixo certas condicións, é posible engadir novos socios ao longo do proxecto.
  • Accións Piloto B: esíxese a formación dun consorcio integrado por entidades legais dun mínimo de cuatro Estados membros. O consorcio debe implicar a cadea completa do servizo: administracións públicas, prestadores de servizos, empresas do sector e usuarios. Baixo certas condicións, é posible engadir novos socios ao longo do proxecto.
  • Redes temáticas: esíxese a formación de consorcios integrados por un mínimo de sete actores clave de sete Estados membros diferentes. As redes deben estar abertas.

Financiamento

  • Accións Piloto A: 50% dos costes de alcanzar a interoperabilidade. A contribución da Comisión dispoñible para as accións piloto prevista oscila entre os 5 e os 10 millóns de euros.
  • Accións Piloto B: 50% dos costes elixibles (que inclúen gastos de persoal, desplazamentos y aloxamentos). A contribución da Comisión dispoñible para cada acción oscila entre os 2 y 2,5 millóns de euros.
  • Redes temáticas: a contribución da Comisión oscila entre os 300.000 e os 500.000 euros por red, a través de pagos anuais a tanto alzado según un baremo establecido.

Orzamento total da convocatoria

39 millóns de euros

Duración do proxecto

  • Accións Piloto A: 36 meses, durante 12 dos cales, o servizo debe manterse a proba de condicións reais có obxectivo de demostrar a súa viabilidade técnica.
  • Accións Piloto B: entre 24 e 36, dos que polo menos 12 meses o servizo piloto debe estar operativo.
  • Redes temáticas: entre 18 e 36 meses

Data límite de solicitude

09/09/2008

Documentación

Contacto

Secretaría ICT PSP
E-mail: infso-cip-ictpsp@ec.europa.eu
European Commission - Directorate-General Information Society and Media
B-1049 Brussels
Belgium
Phone: +32 2 29 69076
Fax: +32 2 29 61740 (or +32 2 29 51071)

PUNTO NACIONAL DE CONTACTO EN ESPAÑA
M. Dr. Julián Seseña Navarro
APROTECH/AETIC
C/Principe de Vergara 74-42 pta.
E-28006 MADRID
Tel: +34 913574440
Gsm: +34 630047191
E-mail: jsesena@aetic.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante