Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Facilitar os intercambios turísticos transnacionais en temporada baixa – CIP 75/G/ENT/CIP/13/B/N03S01

Programa

PROGRAMA MARCO PARA A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN (CIP)

Obxectivo xeral

Facilitar os fluxos turísticos transnacionais de persoas maiores en Europa na temporada baixa co fin de:
- Fomentar a oferta e a demanda do turismo transnacional para as persoas maiores;
- Mellorar os patróns de estacionalidade do turismo en Europa, contribuíndo á extensión da tempada de turismo;
- Crear paquetes turísticos innovadores para persoas maiores, que estean dispoñibles e sexan sostibles despois do período co-financiado pola UE;
- Establecer e fortalecer as alianzas público-privadas europeas sostibles, contribuír creando un mercado nacional do turismo europeo para as persoas maiores a longo prazo.

Obxectivo específico da convocatoria

Establecer e / ou fortalecer as asociacións públicas y privadas, no nivel europeo, nacional e / ou rexional, coa participación das pemes do sector turístico, co fin de facilitar os intercambios turísticos transnacionais para as persoas maiores na tempada baixa en Europa.
Desenvolver paquetes turísticos transnacionais innovadores e sostibles para as persoas maiores, co obxectivo de incrementar os fluxos turísticos en Europa, fóra de tempada, coa participación de polo menos dous países, e levar a cabo un número adecuado de probas piloto para avaliar a súa eficacia dentro da UE.
Fortalecer as sinerxías coas iniciativas existentes e proxectos transnacionais no eido do turismo.
Desenvolver actividades de promoción e comunicación para difundir os paquetes transnacionais e sensibilizar sobre a oferta turística para as persoas maiores.

Eidos de actuación

Turismo

Destinatarios

Entidades públicas e privadas sitas nun Estado membro da UE, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Turquía, Albania, Serbia, Montenegro ou Israel.

Socios

O proxecto deberá contar con entre catro e oito socios que proveñan de polo menos catro Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 70% dos custos totais admisibles do proxecto, cun máximo de 340.000€.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000€

Duración do proxecto

Máximo de 18 meses.

Data de publicación

27/06/2013

Data límite de solicitude

26/09/2013

Documentación

Contacto

ENTR-CFP-1375-TOURISM4SENIORS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante