Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para proxectos I+D ”Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo” - Programa de Ciencia e Tecnoloxía en Medio ambiente e Cambio climático (ES02)

Programa

PROGRAMA DE CIENCIA E TECNOLOXÍA EN MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é financiar proxectos de I+D para obter produtos, procesos e servizos novos ou mellorados nas áreas temáticas de enerxías renovables, eficiencia enerxética, tecnoloxías do medio ambiente e cambio climático. Os proxectos elixibles deberán contar con aspectos tecnolóxicos diferenciados en relación coas tecnoloxías existentes no mercado. Os proxectos poderán incluír tanto investigación industrial como actividades de desenvolvemento experimental.

Eidos de actuación

Segunda convocatoria de propostas de proxectos de investigación e desenvolvemento, no ámbito das enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o medio ambiente e o cambio climático, dentro do Programa ES02 – Investigación, Ciencia e Tecnoloxía en Medio ambiente e Cambio Climático, do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEE) (W3 Mecanismo Financeiro EEA).

Destinatarios

Os proxectos pódense levar a cabo de forma individual ou en cooperación (nacional ou internacional). Darase prioridade ás asociacións con entidades públicas ou privadas de Noruega, Islandia e Liechtenstein (países donantes).
Beneficiarios: empresas establecidas en España responsables da iniciación, preparación e desenvolvemento de proxectos de I+D. No caso de proxectos de colaboración entre compañías españolas, requírese formalizar un Grupo de Interese Económico (EIG en inglés) ou un consorcio regulado por un acordo privado de colaboración entre alomenos dúas compañías independentes.

Financiamento

O financiamento será “parcialmente reembolsable”, o que implica un tramo reembolsable e un tramo non reembolsable. O tramo reembolsable será de entre un 75% e un 85% do presuposto total aprobado cando non se superen os límites de intensidade máxima permitida polas regras da Comunidade Europea para as axudas estatais, mentres que o non reembolsable será dun 20% dos costos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

Presuposto global para esta convocatoria: un mínimo de 175.000€ e un máximo de 5.000.000€ (mínimo de 500.000€ para proxectos en colaboración entre empresas españolas).

Duración do proxecto

O proxecto terá unha duración mínima de 12 meses e máxima de 14 meses. Comezo do período de elixibilidade do gasto: data de aprobación do proxecto pola Dirección do CDTI. Fin do período de elixibilidade de gastos: 31 de decembro de 2015 (data límite do pago a cargo da compañía). Non se reembolsarán extensións.

Data de publicación

28/02/2014

Data límite de solicitude

10/04/2014

Documentación

Contacto

Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)

Departamento de Enerxía, Transporte, Manufacturación e Sociedade Dixital.
Teléfono: +34 915810707. E-mail: dptoetfsd@cdti.es

Departmento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais.
Teléfono: +34 915815502. E-mail: dptosbcrn@cdti.es

Os socios potenciais de Estados donantes poden contactar con Innovation Norway (Socio Donante)
Teléfono: +34 913440987. E-mail: robal@innovationnorway.no

Comentarios

As solicitudes para recibir financiamento débense enviar seguindo as instruciónss que figuran na web do CDTI:
https://sede.cdti.gob.es/AreaPrivada/Expedientes/accesosistema.aspx

Texto convocatoria (en inglés): http://programasue.info/documentos/2014-EEAGRANTS-02.pdf

PowerPoint convocatoria (en español): http://blog.uclm.es/jornadascytema/files/2014/02/EEA-GRANTS-Jos%C3%A9-Mar%C3%ADa-P%C3%A9rez.pdf

Programa (en inglés): http://eeagrants.org/programme/view/ES02/ES02

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante