Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ENIAC-2011-2: Convocatoria de propostas referente ao Programa de traballo do ENIAC Joint Undertaking.

Programa

EMPRESA COMÚN ENIAC

Obxectivo xeral

A investigación dentro do programa ENIAC JU refírese a industria dos proxectos impulsados ​​no eido da nanoelectrónica, que teñen como obxectivo a xeración de novas e mellores tecnologías e
a súa aplicación en productos, procesos ou servizos, co fin de fortalecer a competitividade da industria europea, mellorar a sustentabilidade, e facilitar a aparición de novos mercados e aplicacións que respondan ás necesidades da sociedade.

Eidos de actuación

O Plan Estratéxico Plurianual identifica cinco áreas de aplicación / subprogramas:
1. Automoción e transporte
2. Comunicaciones e estilo de vida dixital
3. Eficiencia enerxética
4. Saúde e envellecemento da sociedade
5. Seguridade e protección
e tres áreas tecnolóxicas / subprogramas:
6. Deseño de tecnoloxías
7. Proceso de semicondutores e a integración
8. Equipos, materiais e fabricación

Destinatarios

Entidades legais establecidas nos Estados membros de ENIAC JU (Austria, Bélxica, República Checa, Estonia,
Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia,
Países Baixos, Noruega, Polonia, Portugal, Rumanía, Eslovaquia, España, Suecia, Reino Unido) ou noutros Estados asociados (Albania, Bosnia & Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Islandia, Israel, Islas Feroe, Liechtenstein, Lithuania, Luxemburgo, FYR Macedonia, Malta, Montenegro, Serbia, Eslovenia, Suíza e Turquía).

Socios

O consorcio debe de estar formado polo menos po 3 entidades legais establecidas en polo menos 3 Estados membros de ENIAC JU diferentes. As entidades deben ser independientes unhas das outras.

Financiamento

A contribución financeira de ENIAC Joint Venture Undertakink para os participantes nos proxectos será do 16.7% dos custes elixibles incurridos polos participantes para levar a cabo os proxectos.
A contribución financeira dos Estados membros de ENIAC Joint Venture Undertakink para os particpantes nos proxectos será unha determinada porcentaxe dos custes elixibles incurridos polos participantes nos proxectos, que poderá variar en función do tipo de participantes e do tipo de actividade de R&D na maneira que especifique cada Estado membro.

Orzamento total da convocatoria

27.5M€

Duración do proxecto

Espérase que a selección dos proxectos teña lugar en outubro de 2011 e a realización do acordo cos seleccionados comece en novembro de 2011.
A duración dun proxecto soe ser de tres anos, aínda que poderá establecerse unha maior duración se está claramente xustificada, e poderán tamén aceptarse proxectos cunha duración máis curta.

Data de publicación

24/06/2011

Data límite de solicitude

15/09/2011

Documentación

Contacto

ENIAC JU Helpdesk
email: eniac@eniac.europa.eu
Tel: +32 2 221 81 03

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante