Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ENIAC 2011-1. Iniciciativa tecnolóxica conxunta sobre nanoelectrónica.

Programa

EMPRESA COMÚN ENIAC

Obxectivo xeral


As novas Iniciativas Tecnolóxicas Conxuntas (JTI) son unha das ferramentas da Comisión Europea para fomentar a coordinación dos esforzos de investigación a todos os niveis na UE. Preténdese logran un enfoque máis estratéxico e prestar apoio a programas de investigación comúns e ambiciosos en ámbitos cruciais para a competitividade e o crecemento.
Búscase reunir e coordinar a nivel comunitario unha masa crítica de investigación a partir de todas as fontes de inversión en I+D, públicas e privadas, e crear vínculos máis estreitos entre investigación e innovación, contribuindo de esta forma á constrtucción do Espazo Europeo de Investigacion e aos obxectivos de competitividade de Europa.
O programa específico ”Cooperación” sinala a nanoelectrónica como un dos ámbitos nos que unha JTI pode resultar especialmente indicada.
A Empresa Común ENIAC definirá e executará un programa de investigación para el desenvolvemento de competencias clave destinadas á nanoelectrónica en diferentes ámbitos de aplicación.

Obxectivo específico da convocatoria


A JTI de ENIAC busca fomentar a investigación en Nanoelectrónica nunha entorna de colaboración entre o mundo investigador e a industria. Os obxectivos concretos de ENIAC son:
1) Definir e executar un programa de investigación para o desenvolvemento de competencias clave destinadas á Nanoelectrónica en diferentes ámbitos de aplicación.
2) Apoiar as actividades necesarias para a posta en práctica do programa de Investigación, especialmente mediante a concesión de financiamento aos participantes en proxectos selecciónados a raíz de convocatorias competitivas.
3) Fomentar unha asociación público-privada destinada a movilizar e xuntar esforzos comunitarios, nacionais e privados, aumentar as inversións globais en I+D no ambito da Nanoelectrónica e estimular a colaboración entre os sectores público e privado.
4) Buscar a sinerxia e a coordinación entre o labor europeo de I+D e as iniciativas intergubernamentais.

Eidos de actuación

Son os seguintes:
1) Automoción e transporte
2) Comunicación e estilos de vida dixitais
3) Eficiencia enerxética
4) Saúde e o envellecemento da sociedade
5) Seguridade e protección
6) Tecnoloxías de deseño
7) Proceso de semiconductores e a integración
8) Equipos, materias e manufacturación.

Destinatarios

Institutos, Centros de Investigación e Universidades do ámbito da iniciativa.

Socios

Os consorcios de participantes deberán incluir al menos a tres entidades non afiliadas establecidas, al menos, en tres Estados Membros da ENIAC.

Financiamento

A contribución comunitaria máxima á Empresa Común ENIAC será de 450 millóns de euros ( 440 millóns para actividades de I+D e 10 millóns para custos de funcionamento), con cargo aos créditos orzamentarios asignados ao programa ”Tecnoloxías da Información e Comunicación” (TIC´s) do programa ”Cooperación” do 7º Programa Marco.
A contribución financeira ao orzamento de cada convocatoria será equivalente ao 55% do importe total comprometido polos Estados Membros de ENIAC.
Consta dun total de 18,7 millóns de euros, e a España correspóndenlle 1,5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

55.000.000 €

Duración do proxecto

A nova JTI evita a incertidumbre dos orzamentos nacionais e a duplicación dos procedementos de avaliación e seguimento, a adopción de procedementos comúns acurta os prazos dos contratos, evitando engadir trabas burocráticas aos participantes.
No proceso de avaliación das propostas ENIAC aterase aos principios de excelencia e competencia. Logo da avaliación das propostas, o Consello de Autoridades Públicas confeccionará unha lista por orde de puntuación das propostas, baseándose nos criterios de avaliación e na súa contribución colectiva á consecución dos obxectivos.

Data de publicación

23/02/2011

Data límite de solicitude

21/04/2011

Documentación

Contacto

Ministerio de Ciencia en Innovación
Subdirección Xeral de Programas Europeos
R/ Albacete, 5 - Tlf. 916 037 990
Email: sgpe@micinn.es
E-mail: eniac@micinn.es

Comentarios

-INFO DAYS: Berlín, 1 e 2 de febreiro ( vid enlace )
-Conferencias CEBIT 2011: Hannover 1-5 Marzo 2011, (vid enlace)
-Hannover Fair: Hannover, 4-8 Abril 2011, (vid enlace)
-Conferencia sobre diseño tecnológico en asociación con Edaworkshop, Dresden, Hotel Dorint, 10-12 Maio 2011 (vid enlace)
-Día de las Propuestas TIC´s 2011: Budapest, 19-20 Maio (vid enlace)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante