Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-Fission-2013 - Fisión nuclear, protección, seguridade e radiación

Programa

7º PROGRAMA MARCO EURATOM

Obxectivo xeral

No tema prioritario de Fisión Nuclear e Protección contra as Radiacións, o obxectivo global é establecer unha sólida base científica e técnica co fin de acelerar os desenvolvementos prácticos para a xestión segura dos residuos radioactivos de longa duración, para mellorar o rendemento de seguridade, a eficiencia dos recursos e a rendibilidade da enerxía nuclear e para garantir un sistema de protección para o home e o medio ambiente sólido e socialmente aceptable contra os efectos das radiación ionizante.

Eidos de actuación

Fisión-1: Xestión dos Residuos Radioactivos:
- Fase Preparatoria para a implementación de novos modos de operación dos programas de investigación a nivel europeo para o desenvolvemento de solucións relacionadas coa xestión dos residuos nucleares finais
- Apoio á IGD-TP SRA e aos avances de investigación e e innovación no tratamento e/ou a comprensión dos principios básicos e os restantes aspectos técnicos científicos

Fisión-2 Sistemas Reactores:
- Fase Preparatoria en apoio a un programa de investigación integrado eficaz na UE sobre a seguridade das instalacións nucleares existentes
- Consecuencias da combinación de acontecementos extremos na seguridade de plantas de enerxía nuclear
- Fase Preparatoria en apoio ao desenvolvemento dun corpo federado para asegurar a coordinación da investigación eficiente a nivel europeo sobre a seguridade dos reactores para a seguinte xeración de instalacións nucleares
- Apoio ao desenvolvemento de actividades de investigación conxuntas entre os programas nacionais sobre materiais nucleares avanzados
- Apoio á posible aparición dunha Iniciativa de Investigación Europea sobre co-xeración

Fisión-3: Protección contra as Radiacións:
- Fase Preparatoria en apoio á Iniciativa Europea multi-disciplinaria LowDose (MELODI) para o seu desenvolvemento como un corpo federado para asegurar a rendibilidade e o alto rendemento da investigación nos riscos de dose baixa en Europa
- Usos médicos da radiación
- Cooperación trilateral en estudos sobre Chernobyl
- Apoio ao fortalecemento das iniciativas paneuropeas de investigación sobre o impacto da radiación no medio ambiente, incluíndo a cadea alimentaria e a protección das especies non humanas

Fisión-4: Infraestruturas:
- Apoio á investigación MYRRHA
- Acceso á investigación paneuropea integrada sobre infraestruturas para incrementar o nivel de seguridade dos sistemas nucleares a nivel europeo

Fisión-5: Recursos Humanos, Mobilidade e Formación:
- Plans de Formación de Euratom sobre a Fisión Nuclear (EFTS)

Fisión-6: Accións Transversais:
- Ampliación da participación no programa sobre a fisión nuclear
- Educación, formación e información do público
- Cara a unha análise socio-económico das accións do 7PM de Euratom

Destinatarios

A presente convocatoria este destinada aos centros de investigación, universidades, pemes, etc...

Socios

Para algunhas actividades é necesario un consorcio de 3 socios de países distintos.

Financiamento

A Comisión financiará os proxectos elixidos cun importe comprendido entre 1,5 e 10 millóns euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 55,1 millóns de euros.

Duración do proxecto

Varía en función das actividades.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

13/11/2012

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante