Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-Fission-2011. Fisión nuclear e protección contra as radiacións.

Programa

7º PROGRAMA MARCO EURATOM

Obxectivo xeral

Establecer unha sólida base científica e técnica co fin de acelerar os desenvolvementos prácticos da xestión segura de residuos radiactivos de longa duración, para mellorar o rendemento da seguridade, a eficiencia dos recursos e a rendibilidade da enerxia nuclear e para garantir un sistema de protección para o home e o medioambiente sólido e socialmente aceptable, contra os efectos das radiacións ionizantes.

Obxectivo específico da convocatoria

Accións indirectas nos campos da investigación en enerxía de fusión e fisión nuclear e radioprotección
O esquema de financiación desta convocatoria é:
-Proxectos colaborativos (CP)
-Accións de Coordinación e Apoio (CSA)
O obxectivo dos PROXECTOS COLABORATIVOS é o de desenvolver novos coñecementos, tecnoloxías, produtos, actividades de demostración ou recursos comúns para la investigación mediante proxectos de investigación realizados por consorcios de diferentes países. Poden
dirixirse tamén a pequenas ou medianas empresas.
Os proxectos pueden ser a gran escala (IP) e a pequena ou mediana escala (FP) para a resolución de problemas específicos.

Eidos de actuación

1) Xestión de residuos radioactivos
-Almacenamento xeolóxico
-Separación e transmutación
2) Sistemas de reactores
-Seguridade e competitividade de instalacións nucleares existentes e futuras.
-Sistemas nucleares avanzados para o aumento da sostibilidade
-Cuestións transversais dos sistemas nucleares.
-Sistemas avanzados para os usos non eléctricos da enerxía nuclear.
3) Protección contra as radiacións
-Cuantificación dos riscos para as exposicións curtas e prolongadas
-Usos médicos da radiación
-Xestión de emerxencias e rehabilitación
-Usos malignos da radiación ou do material radiactivo
-Outros temas
4) Infraestructuras
-Apoio ás infraestructuras
-Acceso a infraestructuras
5) Recursos Humanos, Mobilidade e Formación
-Mobilidade e formación dos investigadores
6) Accións transversales
-Accións transversales
7) Cooperación con Terceiros países

Destinatarios

Está aberto para entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.
As entidades ou organizacións que participen deberán dispor da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:
-Unión Europea (UE)
-Espacio Económico Europeo (EEE)
-Países Candidatos
-Asociación Europea de Libre Comercio (AELC)

Socios

Polo menos tres entidades legais independientes de países membros da UE ou Asociados, dous deles non deben ser do mesmo país.
Requírese a sinatura dun acordo de consorcio.

Financiamento

Financiaranse actividades de desenvolvemento e investigación tecnolóxica, actividades de demostración e xestión, así como difusión de resultados, formación, etc.
Dependerá do tamaño da acción.
-CP- small or medium scale: non está fixada a cantidade mínima subvencionable, a contribución máxima será de 3.000.000€
-CP-large scale: a cantidade mínima subvencionable será de 3.000.000 €, a contribución máxima será de 6.000.000€
Posibilidade de usar ”Flat Rate” para o financiamento dos custos de viajes.
Para saber o número de proxectos financiables, ver o texto da convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

41 millóns de euros, repartidos da seguinte maneira:
1) Fisión-1: 7 millóns de euros
2) Fisión-2: 19 millóns de euros
3) Fisión-3: 10 millóns de euros
4) Fisión-4, 5 & 6: 5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non hai unha duración determinada para os proxectos colaborativos pero recoméndase que sexa entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

20/08/2010

Data límite de solicitude

07/04/2011

Documentación

Contacto

OTRI:
Roberto Vecillas (ext. 9944) rvecilla@pa.uc3m.es
Cristina Velasco (ext. 8454) mcvelasc@pa.uc3m.es
Raquel Navalpotro (ext. 6207) rnavalpo@pa.uc3m.es
Myrna Pacheco (ext. 9933) myrna.pacheco@uc3m.es
Chelo Morán (ext. 9932) cmoran@pa.uc3m.es
Elena Morales (ext. 6207) emorales@pa.uc3m.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante