Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EUROGIA +. Tecnoloxías de baixas emisións.

Programa

EUREKA

Obxectivo xeral

Apoiar e promover a creación de sociedades internacionais con proxectos orixinais sobre ”Tecnoloxías de baixas emisións”. Inclúe proxectos nos sectores do combustible fósil e enerxías renovables.
O obxectivo principal é proveer unha enerxía económica e sustentable que satisfaga a crecente demanda que hai no mercado actual.

Obxectivo específico da convocatoria

Os seus obxectivos específicos son:
-Reducir a pegada do carbón na producción e uso de enerxía.
-Facilitar a transformación a unha economía sustentable
-Desenvolver novas tecnoloxías no sector da enerxía ( solar, eólica, biomasa, xeotérmica, ...)

Eidos de actuación

Está dirixido a todas aquelas
tecnoloxías innovadoras relacionadas coa enerxía que:
• Reduzan a pegada do carbón na producción de enerxía.
• Faciliten o cambio á economía do hidróxeno.
• Desenvolvan novas tecnoloxías
enerxéticas –solar, eólica, de biomasa,
xeotérmica, eficiencia enerxética, etc.
• Reduzan os consumos e as emisións en os procesos e a xeración enerxética mediante o uso de combustibles fósiles.
• Desenvolvan tecnoloxías e procesos para o secuestro do carbono (CCS).

Destinatarios

Está dirixido a empresas (grandes ou PEMES), universidades e centros tecnolóxicos que desexen investigar en proxectos de investigación relacionados co suministro de enerxía limpa, segura e eficiente.
Han de proceder de, polo menos, dous países distintos membros de EUREKA, demostrar unha innovación técnica, ter un forte compromiso coa explotación comercial, e a contribución que achegen non poderá superar o 66% do orzamento total

Socios

Eurogia+ é un cluster de empresas pertencentes a 15 países da Unión Europea que traballa en proxectos de innovación encamiñados á reducción da pegadla de carbono na producción e uso da enerxía, a transición á economía do hidróxeno e o desenvolvemento das enerxías renovables e a eficiencia enerxética.

Financiamento

Consorcios formados por organismos de Países Membros de Eureka, dos cais, al menos 2 deben ser empresas grandes ou PEMES de 2 países diferentes. Valórase a participación activa de universidades ou institutos de investigación.
Cada membro do consorcio recibirá financiamento a nivel nacional á que se accede tras obter a etiqueta Eureka. (Para España o organismo de contacto é o CDTI
http://www.eureka.be/contacts/member.do?memId=ES).
O financiamento de cada país non superará o 66% del custo do proxecto

Duración do proxecto

5 anos, 2008-2013

Data de publicación

01/12/2010

Data límite de solicitude

09/02/2011

Documentación

Contacto

Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial
Tel: +32 (0)2 502 18 14
E-mail: csalgado@zabala.es
E-mail: contact@eurogia.com

Comentarios

O programa Eurogia+ forma parte dla rede intergubernamental EUREKA, creada en 1985 para apoiar a I+D+i cunha orientación de mercado desenvolvida por empresas, centros de investigación e universidades de todos os sectores tecnolóxicos.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante