Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Terceira Convocatoria Bilateral España-Argentina para o financiamento de Proxectos Empresariais de Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Programa

EUREKA

Obxectivo xeral

Os proxectos internacionais de I+D+i liderados por empresas, tanto a nivel multilateral (Eureka e Iberoeka), como bilateral, fan referencia ao valor engadido da innovación realizada en clave internacional e permiten ás empresas españolas reforzar as súas capacidades tecnolóxicas, ampliando ao mesmo tempo o impacto dos seus produtos, procesos e servizos nos mercados globais.

Eidos de actuación

• A convocatoria está aberta a proxectos de todas as ramas de actividade e calquera tecnoloxía de base.



• Desenvolvemento de tecnoloxía innovadora a escala piloto e/ou prototipo.



• Produción de coñecementos aplicables a unha solución tecnolóxica, cuxo desenvolvemento alcanza unha escala de laboratorio ou equivalente.



• Desenvolvemento tecnolóxico que, partindo dunha actividade de investigación industrial, dea lugar a un produto, proceso ou servizo innovador con perspectivas de mercado (a escala piloto ou de prototipo).



• A proposta debe estar equilibrada entre as partes e os resultados deben supoñer un beneficio para as mismas.

Destinatarios

• Polo menos debe participar unha empresa arxentina e outra española.



• Por parte de Arxentina, o requisito mínimo é a participación obrigatoria dunha empresa PyME mentres que universidades e centros tecnolóxicos poden ser entidades asociadas.



• Por parte de España, debe participar polo menos unha empresa. De forma opcional, poden participar organismos de investigación e centros tecnolóxicos subcontratados pola(s) empresa(s).



• A solución desenvolvida debe ser altamente innovadora e demostrar un potencial significativo de aplicación comercial.



• Os participantes do proxecto deben acordar na Fase I os aspectos relativos aos dereitos de propiedade intelectual e a estratexia de comercialización do resultado do proyecto.



• Esíxese que a contribución dos participantes de ambos os dous países sexa equilibrada.

Financiamento

O apoio financeiro será brindado en forma descentralizada polos Fondos Nacionais (no caso de España, polo CDTI, e no caso de Arxentina, polo FONTAR e o FONSOFT) de conformidade coas leis, normas, regulamentos e procedementos nacionais en vixencia.



Para o caso de España, os proxectos aprobados financiaranse segundo as condicións que aplican aos proxectos de Cooperación Tecnolóxica Internacional:



• A modalidade de axuda ao proxecto será unha Axuda Parcialmente Reembolsable, cunha cobertura financeira de ata o 75% do presuposto total aprobado, podendo excepcionalmente alcanzar o 85%, cun tramo reembolsable e un tramo non reembolsable de ata o 30% da devandita cobertura financeira.



Para o caso de Arxentina, os proxectos aprobados financiaranse como sigue:



• ANR Internacional de FONTAR: subsidio ou subvención de ata $ 1.700.000 pesos arxentinos e unha porcentaxe máxima do 70% do custo total do proyecto.



• ANR Xanela Internacional de FONSOFT: subsidio ou subvención de ata 2.500.000 pesos arxentinos e unha porcentaxe máxima do 70% do custo total do proyecto.



• En ningún caso se poderá financiar máis de 1.700.000 pesos arxentinos ou 2.500.000 pesos arxentinos (Fontar ou Fonsoft respectivamente) por proxecto, podendo presentar a empresa máis dun proxecto, sempre e cando a sumatoria dos importes solicitados non exceda de 1.700.000 pesos arxentinos ou 2.500.000 pesos arxentinos (Fontar ou Fonsoft respectivamente).

Duración do proxecto

Os prazos varían da seguinte manera:



Para a Fase I:


Desde a publicación desta convocatoria ata o 12 de maio de 2015 ás 12:00 horas de Arxentina / 17:00 hora peninsular de España.



Para a Fase II:


CDTI e o MINCYT realizarán unha avaliación das propostas presentadas á Fase I e decidirán cal dos proxectos serán invitados a presentar a súa solicitude de financiamento na FASE II. Estes proxectos recibirán a certificación Iberoeka.



A apertura da Fase II anunciarase durante a segunda quincena de xullo.

Data de publicación

10/03/2015

Data límite de solicitude

12/05/2015

Documentación

Contacto

En España:
CDTI
Emilio Iglesias / Manuel Falcón
Proxectos IBEROEKA
Tel: +34- 915815607
E-mail: iberoeka@cdti.es

Exergía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital:
91 581 0707,dptoetfsd@cdti.es

Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais:
91 581 5502 ,dptosbcrn@cdti.es

En Arxentina:
MINCYT
Dirección Nacional de Relaciones Internacionales
Federico Georgiadis / Emiliano Zapata
Tel.: + 54-11-4899-5000 int.: 4098 / 4096
fgeorgiadis@mincyt.gob.ar;
ezapata@mincyt.gob.ar

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante