Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria bilateral España - Israel para a financiación de proxectos empresariais de I+D

Programa

EUREKA

Obxectivo xeral

Dentro das prácticas de colaboración entre España e Israel no campo e a investigación e o desenvolvemento industrial e tecnolóxico, e no marco do Programa Eureka, convídase a participantes dos dous países a presentar propostas de proxectos conxuntos.

Eidos de actuación

España e Israel anunciaron a sétima Convocatoria de Propostas conxuntas para proxectos de I+D, enfocados cara ao desenvolvemento de aplicacións e produtos innovadores en todas as áreas de aplicación. Os solicitantes deben desenvolver solucións de mercado ou proxectos cun forte potencial de mercado para España e Israel.

En España o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e en Israel o Israel Europe R&D Directorate (ISERD) proporcionarán toda a asistencia necesaria durante as fases de planificación, avaliación e monitoraxe do proxecto.

Estas organizacións proporcionarán tamén acceso a financiamento público para apoiar proxectos conxuntos. A axuda será concedida a cada socio pola súa respectiva autoridade nacional.

Aínda que esta convocatoria está dirixida a todas as áreas, darase unha especial relevancia aos seguintes campos:
- Agrotecnoloxía.
- Biotecnoloxía e ciencias naturais.
- Tecnoloxías limpas
- TIC
- Nanotecnoloxía

Destinatarios

- Ser unha compañía industrial que poida recibir asistencia/asesoramento tecnolóxica e científica por unha entidade non industrial.

- Ambos os socios, español e israelí, deben expresar a súa predisposición para cooperar no desenvolvemento de novos produtos, servizos ou procesos industriais.

- O produto, servizo ou proceso debe ser innovador e implicar certo risco tecnolóxico.

- O proxecto debe ser igualmente significativo para ambas as partes.

- Os participantes, antes de recibir o selo Eureka, deberán asinar un acordo de consorcio para a comercialización do produto, proceso ou servizo unha vez a fase de investigación e desenvolvemento fose completada incluíndo os acordos de propiedade intelectual e uso do Know-how

Socios

- ImagineNano (10-13 March, Bilbao, www.imaginenano.com/general/index.php )
- MEDinISRAEL (23-26 March, Tel Aviv, www.medinisrael2015.com )
- Cybertech (24-25 March, Tel Aviv, www.cybertechisrael.com )
- BTA (21-24 April, Barcelona, www.bta-bcn.com )
- Agritech (28-30 April, Tel Aviv, www.agritech.org.il )
- IATIBiomed (12-14 May, Tel Aviv, biomed.kenes-exhibitions.com )

Financiamento

Os proxectos serán financiados a través das autoridades nacionais en España e Israel.

En España o CDTI proporcionará as condicións de financiamento para as empresas españolas que dependerán da natureza do proxecto e consistirá en créditos en condicións vantaxosas.

Data de publicación

10/03/2015

Data límite de solicitude

18/06/2015

Documentación

Comentarios

Os socios deberán presentar un resumo do proxecto a través de: http://www.eurekanetwork.org/download-project-application-form
Os formularios deben presentarse asinados por ambas as partes
Tamén deberán presentar un borrador de acordo de consorcio

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante