Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas EUREKA IDT 2014

Programa

EUREKA

Obxectivo xeral

O obxectivo é o incremento da competitividade e da produtividade da industria europea e das economías dos Estados membros, cunha maior cooperación entre as empresas e os institutos de investigación no campo das tecnoloxías avanzadas, e especialmente en biotecnoloxía, informática, telecomunicacións, transportes, robótica, automatización da produción, enerxía e medio ambiente. O programa oriéntase cara á creación e promoción de produtos específicos, a través da cooperación dos Estados que participan.

Obxectivo específico da convocatoria

Desenvolvemento de produtos e aplicacións innovadoras en todas as áreas tecnolóxicas que teñan gran potencial de mercado para España, Francia, Reino Unido e Alemaña.

Eidos de actuación

Subvencionaranse proxectos que contribúan ao desenvolvemento de produtos comerciais, aplicacións e servizos tecnolóxicos e que supoñan vantaxes para os países participantes (novos coñecementos, liderado comercial, acceso a infraestruturas de I+D, novos ámbitos de aplicación…).

Destinatarios

Pemes e grandes empresas.

Socios

O requirimento mínimo do consorcio é a participación de polo menos dúas compañías de dous dos países participantes (España, Reino Unido, Francia e Alemaña).

Os Institutos de investigación e universidades poden participar como socios utilizando fondos dos seus propios recursos, ou como subcontratados, con custos subvencionables para as empresas.

Financiamento

O apoio financeiro é en forma de préstamos, un 75% do total, cunha parte non reembolsable por valor do 20-25% do total. O orzamento mínimo é de 175.000 euros por empresa.

Data de publicación

30/04/2014

Data límite de solicitude

01/08/2014

Documentación

Contacto

Óscar Fernández Moyano
Coordinador Nacional de Proxectos
Centro para o Desenvolvemento de Tecnoloxía Industrial (CDTI)
Tel. +34 91 581 5607
e-mail: oscar.fernandez@cdti.es
http://www.cdti.es/

Expertos sectoriais CDTI
Enerxía, transporte, manufacturas, ICT e relacionados
Tel: +34 91 581 0707
e-mail: dptoetfsd@cdti.es

Saúde, biotecnoloxía, medio ambiente, agroalimentación, recusos naturais e relacionados
Tel +34 91 581 5502
e-mail: dptosbcrn@cdti.es

Preguntas sobre financiamento IZM
Georg Nagel
AiF Projekt GmbH
Tschaikowskistraße 49
13156 Berlin
Tel. +49 30 48163?526
e‐mail: g.nagel@aif‐projekt‐gmbh.de
http://www.zim‐bmwi.de

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante