Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións a investigadores no marco do programa de traballo
do Programa Europeo de Investigación en Metroloxía-PEIM 2010 Fase 3

Programa

PROGRAMA EUROPEO DE INVESTIGACIÓN EN METROLOXÍA (PEIM)

Obxectivo xeral


O PEIM persegue o financiamento de proxectos transnacionais do PEIM, coa participación de varios socios, que consistan en actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e difusión. Tendo en conta a concentración da capacidade no campo da metroloxía, a parte fundamental dos proxectos do PEIM será executada polos Institutos Nacionais de Metroloxía e os Institutos designados.

Obxectivo específico da convocatoria


A Comisión Europea vén de anunciar a posta en marcha dunha convocatoria de solicitudes de subvencións a investigadores no eido do programa de traballo do Programa Europeo de Investigación en Metroloxía.
Concretamente, convócase a Fase 3 en nome dos consorcios dos proxectos conxuntos de investigación de bolsas para a excelencia dos investigadores (REG) e bolsas para a mobilidade dos investigadores (RMG).

Eidos de actuación


Os campos de actuación nos que se ofertan son:

1) PEIM-2009-Enerxía
2) PEIM-2010-Industria e medio ambiente

Destinatarios


Cualquer tipo de organización da Unión Europea ou de terceiros países

Financiamento


Os tipos de bolsas son:

•Bolsas para a Excelencia dos Investigadores (REG):

Encamiñadas a incrementar o número de organizacións con capacidade relacionada estreitamente coa metroloxía no eido dos Estados membros e os países asociados ao Séptimo Programa Marco.
Este tipo de bolsas proporcionan apoio financeiro para que un investigador con experiencia poida realizar unha contribución sustancial a través das actividades de investigación relevantes para os obxectivos do Programa conxunto de investigación.
A investigación deberá levarse a cabo sustancialmente na Organización de orixe que non é parte do sistema nacional de metroloxía.
O obxectivo consiste en abrir o Programa conxunto á mellor ciencia

•Bolsas para la Mobilidade dos Investigadores (RMG):

Encamiñadas a incrementar a capacidade da comunidade investigadora europea en materia de metroloxía.
Este tipo de bolsas proporcionan apoio financeiro a investigadores en calquer etapa da súa carreira, co obxectivo de levar a cabo accións de investigación relevantes para os obxectivos do Programa conjunto.
El obxectivo é desenvolver a capacidade dos individuos no eido da metroloxía.

Orzamento total da convocatoria


O orzamento dispoñible depende do tipo de actruación:

•Orzamento parcial para a área 1: 7,20 millóns de euros
•Orzamento parcial para a área 2: 1,44 millóns de euros

Duración do proxecto


As bolsas terán unha duración entre 12 e 24 meses ( deben estar rematadas antes do 31 de agosto de 2013)

Data de publicación

31/03/2011

Data límite de solicitude

06/05/2011

Documentación

Contacto


•Plaza Madou, 1, 1210 - Saint-Josse-Ten-Noode
•Rúa Champ de Mars, 21, 1050 -Bruselas
•Square de Meeûs, 8, 1050 -Bruselas

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante