Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas - Bolsas intraeuropeas Marie Curie para el Desenvolvemento Profesional (IEF) - FP7-PEOPLE-2013-IEF

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Mellorar o potencial humano na investigación e desenvolvemento europeos, abarcando todas as fases da vida profesional dun investigador, dende a súa formación inicial ata a aprendizaxe permanente e a promoción profesional.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar o desenvolvemento dunha carreira profesional, ou a súa reanudación, de investigadores con experiencia en diferentes estadios da súa carreira profesional.

Eidos de actuación

Apoio á formación e desenvolvemento profesional dos investigadores: Bolsas intraeuropeas Marie Curie para el Desenvolvemento Profesional.

Destinatarios

Investigadores con experiencia (en posesión do doutoramento ou que teñan polo menos catro anos de experiencia) que se atopen nunha etapa da súa carreira na cal poidan beneficiarse dunha aprendizaxe ao longo de toda a vida e de medidas de desenvolvemento profesional. Inclúe investigadores cun perfil máis consolidado en termos de experiencia, pero que queiran retomar a súa carreira investigadora tras un período sabático.

Socios

O candidato debe presentar a solicitude xunto co organismo de acollida, que debe estar radicado nun Estado membro da UE ou nun país asociado.

Orzamento total da convocatoria

134.000.000 € (orientativo, polo que pode variar ata un ±10%).

Duración do proxecto

De 12 a 24 meses.

Data de publicación

14/03/2013

Data límite de solicitude

14/08/2013

Documentación

Contacto

Punto de contacto nacional:
Nicolás Ojeda
R/ Albacete, 5 - 2a planta Leste
28027 Madrid
Tfno.: 916037956

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante