Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Géant - FP7-GN3plus-2013

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O proxecto GÉANT (GN3plus) financia tarefas que se levarán a cabo polos novos beneficiarios, que poden incorporarse ao proxecto, xunto cos membros do consorcio existentes, como socios ou como terceiros. Estas tarefas estrutúranse arredor de tres temas principais:
- Casos de uso para executar a produción GÉANT existente e instalacións de redes experimentais.
-Paquetes de traballo (IDT) para Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico Autónomo para apoiar as actividades en curso do proxecto.
-IDT para promover, desenvolver e demostrar innovación nunha investigación de varios dominios e nun entorno de rede da Educación.

Obxectivo específico da convocatoria

Os participantes nesta convocatoria propoñen plans concretos e específicos que permitan a GÉANT alcanzar os seus obxectivos no marco de tempo determinado a través de 18 temas. Invitarase aos beneficiarios seleccionados a perfeccionar e poñer en práctica o plan final, xunto co Coordinador de GÉANT para convocatorias abertas e os actuais líderes da actividade de GN3plus.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico seguinte:
-Unión Europea (UE)
-Espazo Económico Europeo (EEE)
-Países Candidatos
-Asociación Europea de Libre Comercio (AELC)

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

É conveniente revisar a convocatoria para procurar os orzamentos concretos que se prevén para cada actividade dentro da mesma.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global orientativo sitúase en 3, 30 millones de euros.

Data de publicación

27/03/2013

Data límite de solicitude

29/05/2013

Documentación

Contacto

Punto de contacto nacional (Red IRIS)
http://www.rediris.es/ayuda/contact.php?contact=web

Comentarios


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante