Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do ENIAC Joint Undertaking - 9 - ENIAC-2013-2

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Empresa Común ENIAC está deseñada coa finalidade de apoiar a aplicación do Séptimo Programa Marco (7PM) e do tema ”Tecnoloxías da información e a comunicación”. Un dos obxectivos primordiais de ENIAC é o de desenvolver competencias fundamentais relacionadas coa nanoelectrónica en diversos campos de aplicación, co fin de reforzar a competitividade e sostenibilidade de Europa e propiciar a aparición de aplicacións sociais e mercados novos.
A convocatoria de 2013 prevé un procedemento de presentación de solicitudes dividido en dúas etapas: primeiro a remisión de resumos de proxectos e a continuación de propostas de proxectos detalladas.

Obxectivo específico da convocatoria

As actividades que se levarán a cabo no contexto dos proxectos financiados incluirán:
• Actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, que reflictan as actividades centrais dun proxecto, encamiñadas a logar un avance significativo con respecto ao estado da arte.
• Actividades de demostración ou desenvolvemento experimental, deseñadas para probar a viabilidade de novas tecnoloxías que ofrezan un potencial económico, pero que non poden ser comercializadas directamente (por exemplo, desenvolvemento de prototipos).
• Actividades de xestión, en conxunto coa xestión dos paquetes de traballo individuais, para conectar todos os compoñentes do proxecto e o mantemento da comunicación coa diseminación, explotación e vixianza de mercado doutras actividades da Empresa Común ENIAC.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas dentro da zona de actuación.

Financiamento

A porcentaxe de cofinanciamento da convocatoria é do 15% de cada proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento dispoñible para a convocatoria de propostas é de 145 millóns de euros.

Data de publicación

16/03/2013

Data límite de solicitude

23/05/2013

Documentación

Contacto

Contacto:
ENIAC JU
Tel: 00 32 2 221 81 02
Fax: 00 32 2 221 81 12
Email: eniac@eniac.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante