Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do ENIAC Joint Undertaking - 8 - ENIAC-2013-1

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Desenvolver competencias fundamentais relacionadas coa nanoelectrónica en diversos eidos de aplicación, co fin de reforzar a competitividade e sustentabilidade de Europa e propiciar a aparición de aplicacións sociais e novos mercados.

Obxectivo específico da convocatoria

As actividades que levaranse a cabo no contexto dos proxectos financiados incluirán:
1. Actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, que reflicten as actividades centrais dun proxecto, encamiñadas a lograr un avance significativo con respecto ao estado da arte.
2. Actividades de demostración ou desenvolvemento experimental, deseñadas para probar a viabilidade de novas tecnoloxías que ofrezan un potencial económico, pero que non poden ser comercializados directamente (por exemplo, desenvolvemento de prototipos).
3. Actividades de xestión, en conxunto coa xestión dos paquetes de traballo individuais, para conectar todos os compoñentes do proxecto e o mantemento da comunicación coa diseminación, explotación e vixilancia de mercado doutras actividades da Empresa Común ENIAC.

Eidos de actuación

Unión Europea.

Destinatarios

Entidades ou organizacións cuxa sede social estea radicada no territorio dun Estado membro da UE.

Financiamento

Co-financiación: 15% do total dos custes admisibles.

Orzamento total da convocatoria

17.820.000 €.

Duración do proxecto

O beneficiario decide a duración da súa proposta no borrador. En caso de que sexa superior aos tres anos, deberá motivarse.

Data de publicación

05/03/2013

Data límite de solicitude

23/05/2013

Documentación

Contacto

Xoves, 23 de maio de 2013: Data límite de presentación de borradores de propostas.
Xoves, 12 de setembro de 2013: Data límite de presentación de propostas detalladas.

Comentarios

Dirección Xeral de Investigación
eniac@eniac.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante