Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Becas Marie Curie de Integración na Carreira Investigadora (CIG) - FP7-PEOPLE-2013-CIG

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Reforzar o Espazo Europeo de Investigación (EEI), apoiando aos investigadores para que se establezan nun estado membro ou en un dos países asociados, atraendo e reteñendo así talento investigador en Europa. A acción esta deseñada para apoiar aos investigadores nos primeiros pasos da súa carreira profesional en Europa e para alcanzar unha integración duradeira no EEI. Mediante a asignación dos investigadores dun orzamento substancial, a acción pretende mellorar considerablemente as súas perspectivas de integración profesional a longo prazo, contribuíndo ao éxito da súa carreira profesional como investigador
Esta acción pretende ademais contribuír a transferencia de coñecementos entre investigadores que obturan anteriormente unha bolsa de integración Marie Curie, así como ao desenvolvemento dunha cooperación a longo prazo co entorno científico e/ou industrial dun país que fora desprazado. Esta acción fai especial fincapé en facer fronte ao fenómeno da “Fuga de cerebros” a terceiros países

Obxectivo específico da convocatoria

A acción consiste no apoio financeiro para proxectos de integración profesional a longo prazo nunha organización de acollida dun estado membro ou país asociado ao programa. O apoio financeiro pretende proporcionar ao investigador as mellores condicións posibles para entaboar unha carreira investigadora a longo prazo.

Eidos de actuación

Aberta para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Organizacións sen ánimo de lucro, organizacións non gobernamentais, universidades e calquera tipo de organización.

Destinatarios

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico: Unión Europea

Financiamento

Preparación inicial dos investigadores: 40%
Aprendizaxe permanente e desenvolvemento da súa carreira: 25- 30%
Cadeas e asociacións da academia- industria: 5- 10%
Dimensións internacionais- comunidades mundiais: 25- 30%
Accións políticas específicas: o redor do 1%

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario dispoñible para a convocatoria das propostas é de 40,00 millóns de euros

Data de publicación

18/10/2012

Data límite de solicitude

18/09/2013

Documentación

Contacto

CARRASCO, Carolina (Dr.)
CDTI - Centro para o Desenvolvemento Tecnológico Industrial, Ministerio de Ciencia e Innovación
c/ Cid, 4
28001, Madrid
Tel: +34 902 347 434
Fax: +34 91 581 5584

MARTÍN SÁNCHEZ, Esperanza (Mrs.)
Ministerio de Ciencian e Innovación, Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI)
C/Cid, 4
28001, Madrid
Tel: +34-902-347434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante