Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións do CEI para crear sinerxias entre investigadores – ERC-2013-SyG

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

As subvencións para crear sinerxias no Consello Europeo de Investigación permiten a pequenos grupos de investigadores principias e aos seus equipos reunir capacidades complementarias, coñecementos e recursos, abordar conxuntamente os problemas de investigación na fronteira do coñecemento que vai máis alá dos resultados que os investigadores principias poden lograr por si solos.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxecto desta convocatoria é promover avances substanciais nas fronteiras do coñecemento, e fomentar as novas lineas de produción e dos métodos de investigación e novas técnicas, como enfoques non convencionais e investigacións na interface entre as disciplinas establecidas

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispor das súas sedes sociais no seguinte ámbito xeográfico: Unión Europea e terceiros países

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunhas das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Entidades Públicas (todo tipo), pemes, empresas e calquera tipo de organizacións

Financiamento

A financiación da Únion Europea será concedida en forma de reembolso e poderá cubrir ata un máximo do 100% dos custos directos e o 20 % dos custos indirectos sobre a base dos custos directos. A cantidade de diñeiro aportado deberá ser xustificado sobre a base dos custos previstos para o proxecto

Orzamento total da convocatoria

A previsión orzamentaria da financiación comunitaria para a convocatoria das propostas é de 150,00 millóns de euros

Data de publicación

10/10/2012

Data límite de solicitude

10/01/2013

Documentación

Contacto

DE MIGUEL ORTEGA, María del Pilar (Ms.)
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4;28001 Madrid
Tel: +34-90-2347434

CONDE VIDAL, Marta (Ms.)
Ministerio de Ciencia e Innovación, CDTI - Centro para o Desenvolvemento da Tecnoloxía Industrial
Cid, 4; 28001 Madrid
Tel: +34-902-347434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante