Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ICT-2013-C - Tecnoloxías Futuras e Emerxentes (FET) - Open

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O esquema FET-Open é unha liña de financiamento máis sinxelo, aberta e independente, sen datas límite, especialmente deseñado para estar aberto e dar resposta continuada a ideas novas e especialmente fráxiles que desafían o pensamento actual, sexa cal for o momento no que aparecen e proveñan de onde proveñan. Está orientada a obter avances fundacionais que poidan abrir orientacións radicalmente novas para as TIC do futuro.
Aínda que FET está aberto a unha ampla participación, dous novos obxectivos específicos están orientados a dar o liderado aos mozos investigadores e as PEME intensivas en investigación de alta tecnoloxía.

Eidos de actuación

Tecnoloxías emerxentes e futuras

Proxectos de Colaboración CP (só STREP), Accións de Coordinación (CSA)
- ICT-2013.9.1 FET-Aberto: Desafiar ao pensamento actual

Proxectos de Colaboración CP (só STREP)
- ICT-2013.9.2 Pemes Intensivas en Investigación de Alta Tecnoloxía en investigación de FET
- ICT-2013.9.3 Mozos exploradores FET

Financiamento adicional para convocatorias existentes (IP/STREP)
- ICT-2013.9.4 Cooperación Internacional na investigación de FET

Destinatarios

Todo tipo de entidades públicas ou privadas que desenvolve a súa actividade no ámbito da investigación I+ D.

Socios

É imprescindible un consorcio dun mínimo de 3 socios de países distintos.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 50 millóns de euros.

Data de publicación

21/09/2012

Data límite de solicitude

12/03/2013

Documentación

Contacto

Para máis información contacte con:

Investigación en beneficio das PEME
Javier Méndez
pemes7pm@mineco.es
34 91 538 37 94
Cámara de Madrid
Ribeira do Loira, 56. 28042 Madrid
Esther Casado
http://www.cdti.es/pidi
34 902 34 74 34
CDTI
Cid,4 28001 Madrid

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante