Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ICT-2013-EU-Brazil - Convocatoria de Propostas -TIC - Convocatoria Coordinada UE Brasil 2013

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O compoñente de cooperación internacional incluído no programa ten por obxectivo apoiar a competitividade europea e abordar de forma conxunta, xunto con outras rexións do mundo, asuntos de interese común e beneficio mutuo, apoiando así outras políticas da UE (desenvolvemento sostible, protección ambiental, resposta ante desastres, seguridade, etc.)

As actividades de cooperación internacional neste Programa de Traballo centraranse en tres obxectivos:
- Responder de forma conxunta a retos mundiais mediante o desenvolvemento de solucións e estándares interoperables
- Desenvolver de forma conxunta soluciones TIC para os maiores retos sociais a nivel mundial
- Mellorar a cooperación científica e tecnolóxica para beneficio mutuo

Eidos de actuación

Os proxectos financiados a través da convocatoria FP7-ICT-2013-EU-Brazil deberán adoptar o esquema de Proxectos de investigación de pequena ou mediana escala (STREPs) e unicamente serán seleccionados no caso de que o seu proxecto coordinado reciba financiamento das autoridades brasileiras.

Financiaranse accións nos seguintes ámbitos:

- Computación na nube para a ciencia: desenvolver un estado da arte en materia de computación na nube que aproveite de forma eficiente os recursos computacionales, de comunicación e datos tanto na UE como en Brasil e que ofreza interfaces interoperables e centrados no usuario.
- Tecnoloxías sostibles para unha sociedade intelixente: aproveitar as tecnoloxías asociadas, os compoñentes e sistemas que son necesarios para a implantación de solucións TIC (TIC verdes, cousas in teligentes, sistemas complexos e de control, nano-electrónica, micro-sistemas).
- Servizos intelixentes e aplicacións para unha sociedade intelixente: deseño, construción e implantación de infraestruturas interoperables, plataformas abertas e solucións escalables que aproveiten as novas tendencias de de experimentación no futuro Internet e open data. Un dos desafíos crave centrarase en explorar os procesos de ´mash up´ de datos que sinteticen nova información mediante a recollida, integración, reutilización, combinación e agregación semántica de información inconexa extraída de diversas fontes como é a información xerada por usuarios, capturada por sensores ou posta a disposición polas autoridades públicas.
- Aplicacións e servizos híbridos TV de difusión e banda ancha: abordar unha nova xeración de aplicacións en TV que aproveiten a ampla conectividad en Internet, tanto para uso comercial como con obxectivos educativos ou calquera outro obxectivo de tipo público.

Destinatarios

Todo tipo de entidades públicas ou privadas que desexan desenvolver un proxecto conxunto de investigación.

Socios

É necesario un consorcio dun mínimo de 3 socios de países distintos.

Financiamento

A Comisión Europea financiará cada proxecto seleccionado cun máximo de 1,5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria ascende a uns 5 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades está comprendida entre os 18 e 36 meses, aínda que non hai un termino límite delimitado.

Data de publicación

12/09/2012

Data límite de solicitude

12/12/2012

Documentación

Contacto

Un dos contactos nacionais é:

Instituto de Saúde Carlos III
Oficina de Proxectos Europeos
C/ Sinieso Delgado, 6
28029
Madrid
SPAIN
Tel: 34-91-8222069
Fax: 34-91-3877830

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante