Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-CDRP-Women-Innovators - Premio da UE para mulleres innovadoras

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O Premio da UE para mulleres innovadoras 2014 ten como obxectivo aumentar a concienciación pública sobre este tema, para alentar ás mulleres a aproveitar as oportunidades comerciais e de negocios ofrecidas polos seus proxectos de investigación e converterse así en empresarias, axudando polo tanto, a lograr os obxectivos da Estratexia Europa 2020. Os premios non recompensarán á investigación ou á innovación propostas e futuras, senón os resultados que xa foron obtidos.
A Comisión Europea ten a intención de outorgar ata tres premios para mulleres innovadoras 2014 por mor dun concurso.

Eidos de actuación

As solicitudes avaliaranse segundo os criterios de adxudicación seguintes:

- A orixinalidade e a comercialización do produto elaborado ou servizo prestado pola empresa da participante
- A relevancia económica para Europa
- A relevancia social para Europa
- Alto contido científico da innovación

Destinatarios

A presente convocatoria está destinada exclusivamente ás mulleres empresarias da UE e países asociados.

Financiamento

O primeiro premio: 100.000 euros, o segundo: 50.000 euros e o terceiro: 25.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 180.000 euros.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

15/10/2012

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante