Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas - Apoio á concienciación sobre Horizonte 2020 nos terceiros países (INCO-H2020) - FP7-INCO-2013-4

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo desta actividade é apoiar a sensibilización sobre Horizonte 2020 en terceiros países.

A acción centrarase en:
• A sensibilización nos países terceiros das oportunidades dispoñibles no H2020 para axentes da investigación e a innovación a través da organización de talleres e seminarios;
• Apoiar a formación dos contactos en terceiros países sobre o contido e as normas de Horizonte 2020;
• Compartir as boas prácticas na facilitación de asociacións e a preparación de accións de colaboración internacional;
• Promover a cooperación entre os contactos en terceiros países. Isto pode implicar diversas actividades como talleres conxuntos para identificar e difundir boas prácticas, a preparación de materiais de capacitación, a avaliación comparativa entre os contactos en terceiros países.

Eidos de actuación

A acción tamén debe organizar, en colaboración coa DG RTD reunións anuais destinadas a reunir a tódolos contactos en terceiros países para revisar o estado de cooperación, os problemas e as perspectivas de mellora.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto é de 1 millón de €.

Duración do proxecto

2 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

18/12/2012

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante