Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á coordinación das políticas e actividades nacionais e rexionais dos Estados membros ou países asociados no eido da cooperación internacional - FP7-INCO-2013-3

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A actividade ERA-NET/ERA-NET PLUS enmárcase nas actividades de cooperación internacional do Programa de Capacidades que ten como obxectivo aumentar a coordinación das actividades de cooperación internacional dos Estados membros da UE e/ou países asociados e impulsar o cofinanciamento das accións multilaterais de investigación provenientes de Estados membros da UE e/ou países asociados e de particulares terceiros países. Centrarase nos seguintes países ou rexións:
• India;
• América Latina e o Caribe;
• Países socios mediterráneos;
• Rusia;
O uso da acción ERA-NET PLUS ínstase para os países ou rexións, que foron dirixidos polas anteriores accións ERA-NET, ou que xa manifestaron o seu compromiso de participar na devandita actividade.

Eidos de actuación

O obxectivo das accións ERA-NET é crear redes de programas de investigación realizadas a nivel nacional ou rexional, con miras a súa apertura mutua e ao desenvolvemento e implementación de actividades conxuntas.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas.

Financiamento

A contribución para unha acción ERA-NET será de ata 2,5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto é de 10 millóns de €.

Duración do proxecto

3 ou 5 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

18/12/2012

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante