Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SCIENCE-IN-SOCIETY-2013-1 - Ciencia e Sociedade

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

No ámbito do Sétimo Programa Marco, as actividades enmarcadas en tema Ciencia na Sociedade teñen como finalidade ”estimular a integración armoniosa do labor científico e tecnolóxica e as políticas de investigación asociadas presentes na rede europea, con miras á construción dunha sociedade europea baseada no coñecemento, aberta, eficaz e democrática, e mediante o fomento dunha reflexión e debate pan-Europeos sobre a Ciencia e a Tecnoloxía e a súa relación con todos os sectores da sociedade e a cultura”.

Eidos de actuación

5.1 Primeira Liña de Acción Unha gobernanza máis dinámica da relación entre ciencia e sociedade

- Actividade 5.1.1. Mellorar a comprensión do lugar da Ciencia e a Tecnoloxía na sociedade
Área 5.1.1.1 Relacións entre Ciencia, Democracia e Dereito

- Actividade 5.1.2 Maior implicación para prever e clarificar os problemas políticos, sociais e éticos

SIS.2013.1.2-1: Mobilización e Aprendizaxe Mutua. Plans de Acción: Incorporación das accións da Ciencia na Sociedade en materia de investigación

- Actividade 5.1.3 fortalecemento e mellora do sistema científico europeo

Área 5.1.3.3 Alentar o debate sobre a difusión de información, incluído o acceso aos resultados científicos e o futuro das publicacións científicas, tendo tamén en conta as medidas para mellorar o acceso do público

5.2 Segunda Liña de Acción - Fortalecendo o potencial, ampliando horizontes

- Actividade 5.2.1 Xénero e Investigación

Área 5.2.1.1 Fortalecemento do papel das mulleres na investigación científica e os órganos de decisión científicos

- Actividade 5.2.2 Mozos e Ciencia

Área 5.2.2.1 Apoio ao ensino formal e informal nas escolas, así como a través de centros e museos científicos e outros medios pertinentes
Área 5.2.2.3 Investigación e accións de coordinación sobre novos métodos no ensino das ciencias

Destinatarios

A convocatoria está aberta para todo tipo de entidade pública ou privada, centros de investigación, universidades, organismos internacionais, etc..

Socios

É necesario un mínimo de 3 socios.

Financiamento

Varía en función da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 51,7 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar de 2 a 5 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

16/01/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante