Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2013-IRSES - Convocatorias de propostas - Marie Curie - Réxime internacional de intercambio de persoal investiga­dor

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O Programa de Intercambio Internacional de Persoal Investigador Marie Curie é unha acción que ten como obxectivo fortalecer os acordos en materia de investigación a través de intercambios de persoal investigador e actividades en rede entre organizacións europeas de investigación e organizacións de investigación de países cos que a Unión Europea ten acordos sobre Ciencia e Tecnoloxía ou está en proceso de negociación para concluílos, así como os países cubertos pola política Europea de Veciñanza.

En comparación coas accións Marie Curie individuais, que ofrecen posibilidades de mobilidade a investigadores individualmente, esta acción proporciona apoio a organizacións de investigación para establecer ou reforzar a cooperación a longo prazo en materia de investigación a través dun programa coordinado conxunto de intercambio de investigadores por períodos curtos.

Eidos de actuación

Os participantes deberán propor un programa plurianual común como base común para a súa colaboración. Isto pode incluír a investigación conxunta e as actividades de capacitación ou talleres conxuntos e seminarios, así como outras actividades en redes. As actividades deben estar deseñadas para explotar as competencias complementarias dos participantes e para crear sinerxías entre eles.

Destinatarios

A convocatoria está destinada basicamente á mobilidade dos investigadores, poden participar calquera tipo de centro de investigación, entidade pública, organismo internacional, etc...

Socios

Para a presente convocatoria non é necesario un parteneriado.

Financiamento

O programa Marie Curie cobre ata o 100% dos gastos elegibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 30 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar ata 48 meses.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

17/01/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante